A forza da mansedume

Agnus Dei | Francisco de Zurbarán | 1635-1640

castellano

«Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!» (Xn 1,29)

Ao poder do pecado -a forza da división e da destrución-, Deus contrapón non a forza senón a debilidade e a inocencia do año. E o mal perde terreo segundo avanza e ocupa espazo o año, que é unha criatura fráxil e vulnerable.

O año non ten pretensións, non desenfunda agresividade, non ensina os dentes, non mete medo, non posúe medios para facerse respectar, a súa voz non ten a máis mínima semellanza co ruxido do león e, con todo, ao final sae vitorioso. Diría que o año, na perspectiva evanxélica, mete medo ao lobo. Faille fuxir. A mansedume é a única capaz de prevalecer sobre a prepotencia.

O mal parece inexpugnable e, con todo, na súa arrogante armadura existe un punto débil. A súa mirada non consegue soportar a mirada da inocencia. O seu poder terrorífico non pode nada contra a forza desarmada do amor.

A pesar das aparencias e a pesar de que, na realidade inmediata, o año apareza como vítima sacrificable, predestinada a ser degolada polo verdugo, ao final -como nos di o libro da Apocalipse- el é o triunfador pola forza invencible da súa mansedume.

«Eu vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado. (…) E oín que todas as criaturas que están no ceo e na terra e debaixo da terra e enriba do mar, e todas as cousas que hai nelas, proclamaban: “Para quen está sentado no trono e para o Año: a bendición, a honra, a gloria e o poder polos séculos dos séculos”.» (Ap 5,6.13)

Un año degolado, impotente, transfórmase en luz das nacións. «Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del.» (Xn 1,32) A vida de Xesús é una existencia no Espírito. O Espírito é a forza interior (unción mesiánica) do Año, relación continua co Pai, segredo de amor ofrecido ao mundo fronte a toda forma de violencia, porque o amor é máis forte que a morte.

«Velaí o meu servo, a quen teño collido da man; velaí o meu escollido no que eu me comprazo. Teño posto sobre el o meu espírito (…) Non berrará, non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas. Canivela fendida non a romperá, e torcida esmorecente non a apagará.» (Is 42,1-3)

Os profetas apocalípticos berran nas prazas e nos templos, onte e hoxe; encántanlles os púlpitos e teñen una secreta fascinación pola violencia e pola destrución. Proxectan sobre os outros a amargura que levan dentro. Xesús, ao contrario, é o profeta manso e humilde de corazón, o amante da vida, que desexa hospedarse na nosa casa, que mira aos ollos, que senta á mesa connosco, que escoita a dor, e non berra, porque o máis xenuíno da vida (bondade, amor, perdón) non se di en voz alta, dise na quietude, de corazón a corazón, como un rumoreo.

Canivela fendida non a romperá. A suave tolemia de Deus é esperar por cada un. Xesús é un profeta paciente, que nos dá tempo para recoñecer os fragmentos, para recoñecelos e para amalos, porque a súa paixón é a reconstrución. A súa paixón é sandar. Esta é a súa forza: a forza de servir a vida fráxil, de gardala, de coidala, de reactivar a esperanza. Para El ningún de nós está acabado, e ninguén está para sempre perdido. A súa alma estremécese cos recomenzos. Dinos unha e outra vez: podes nacer de novo. 

A torcida esmorecente non a apagará. En cada ser humano, aínda no máis desesperado, hai sempre un punto de luz, aínda que sexa un lume moribundo, agonizando baixo unha grosa capa de cinza. Xesús, que ve o corazón, penetra na nosa zona escura ata atopar una pequena ascua. El veu a traer o lume á terra e desexa que este lume estea a arder. Xesús é un experto incendiario. Non apaga, non condena, fainos luminosos.

Este Año faise banquete baixo a forma discreta dun anaco de pan e dunha copa de viño, lugar oculto ao que só pode acceder a mirada interior xerada polo Espírito, memorial dunha entrega para que todos teñan vida e téñana abundante. Felices os invitados á cea do Señor!

11 comentarios en “A forza da mansedume

  1. P. Jorge dijo:

    Buenas tardes,
    Me cuesta un poco leer la homilía en gallego.
    ¿Yano vais a publicarla en español?
    Muchas gracias como siempre y perdonad mi ignorancia.
    Un gran abrazo y mis oraciones.

    • Monasterio de Sobrado dijo:

      Buenas tardes, P. Jorge. Al inicio del texto, del lado derecho, está escrito «castellano». Pincha y tendrás el texto en castellano.

    • Monasterio de Sobrado dijo:

      Buenas tardes, Bea. Al inicio del texto, del lado derecho, está escrito «castellano». Pincha y tendrás el texto en castellano.

  2. Beatriz dijo:

    Muchas gracias 🙏🏽.
    “El Espíritu es la fuerza interior “ , si, por el Espíritu Santo Juan reconoció a Jesús cuando aún estaba en el vientre de su madre Isabel. Por el Espíritu Santo Juan fue enviado a bautizar con agua. Es el Espíritu Santo el que le da la señal a Juan por la que reconocerá al que bautiza con Espíritu Santo. Juan es testigo de que a VISTO con sus propios ojos al Espíritu Santo posarse sobre Jesús, el Cordero de Dios que quita el pecado del mundo.
    Por lo tanto, no se trata de buscar fuera, el viaje es hacia dentro, lo cual no significa quedarse escalfada esperando a que “te caiga la breva”.

  3. vicenta rúa dijo:

    Gracias por poñer estes comentarios, algunhas veces, de xeito bilingüe. Doeme cando os galegos non nos esforzamos por entender a nosa propia fala. Para os de fora é ben ofrecelos, a lo menos, en castelán.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.