Terra, nosa mestra

Obra de Enrique Mirones, monje de Sobrado

Texto en castellano

A liturxia de hoxe dinos algo tan sinxelo e sumamente belo: somos terra.

A terra é silencio receptivo. A terra é toda abertura. A terra acolle a semente, acolle o sol e a choiva, a calor e o frío, acolle o que vén sen nada elixir. A terra abraza a vida espida, a vida tal e como é. Non xulga. A terra é pura hospitalidade.

A terra custodia as raíces das plantas e nútreas oculta e silenciosamente. A forza da terra está en xestar ocultamente. A terra nutre e comunica vida en silencio.

A terra é misterio. A terra coñece a Deus, porque participa do misterio da súa fecundidade no oculto do mundo. Semellante a Deus, a terra é doazón: a súa existencia é darse. Existe para que outros vivan.

A terra é pura xenerosidade. Revolvemos a terra cada ano e ela está dispoñible para empezar un novo ciclo creativo. A terra garda unha gran sabedoría: déixase facer.

A terra é mestra na lentitude. Coñece o tempo lento e os ciclos longos de xestación. A terra non coñece a présa. E, por iso, a terra é mestra en humanidade.

A terra é sepulcro e, por iso, é metamorfose: o gran que cae en terra, ao morrer, dá moito froito. Baixamos os cadáveres á terra coa esperanza de que a vida non para de transformarse e de ser fecunda. A terra participa do misterio pascual. A terra é vida.

Somos terra e temos tanto para aprender coa terra!

Somos terra onde o sementador, Cristo, sementa a semente da súa Palabra. O sementador sae a sementar en cada día, todos os días, acotío, esperando o traballador da última hora. Cristo non para de sementar a nosa terra, de xerar vida, pois para El en cada ser humano, en todos os seres humanos, hai recunchos de fecundidade.

A Palabra está por todas as partes; quen ten oídos que oiga! Todo é Palabra de Deus se sabemos ler a vida: a alegría e a tristeza, a beleza e a fealdade, o amor e o desamor. A vida mesma, cando humildemente acollida como Palabra de Deus, como mestra, é como a choiva, un orballo continuo, que vai empapando a terra, que é o noso corazón. Día tras día, aos poucos, si nos deixamos facer, van caendo as nosas resistencias, vanse iluminando os nosos recunchos máis escuros, vaise alargando a nosa mirada compasiva… A vida vaise afianzando, medra a esperanza, o orballo transfórmase en río, levando vida aos lugares máis inhóspitos do noso corazón e do mundo.

A Palabra bíblica, pero tamén os demais ecos desta Palabra, que están presentes na vida dos irmáns, nos acontecementos, nun libro que nos chega á alma e que nos cuestiona; esta Palabra, dicía, cando a escoitamos como a voz do noso Señor e Salvador, e nos deixamos levar por esa voz, cando a acollemos con confianza, cando nos deixamos tocar por ela, e máis, cando nos entregamos a ela e deixamos que se enraíce en nós, esta Palabra ten a forza suficiente para levantarnos, para transfigurar unha vida, para iluminar os nosos vieiros máis escuros, para devolvernos a esperanza e a alegría, permitíndonos facer unha real experiencia de amor. 

Cantas veces non estivemos desilusionados, tristes, bloqueados nos nosos pensamentos negativos e unha Palabra saída da boca de Xesús tocou a nosa alma, nos descentrou de nós mesmos e nos permitiu ver máis alá das nosas mesquiñas razóns? Verificamos, unha e outra vez, que non podemos salvarnos a nós mesmos e que a humilde escoita do discípulo é o acceso máis directo á verdade e á vida. Dános, Señor, a graza da escoita. Ensínanos a ser terra dócil e receptiva, pois a túa Palabra ten un poder pascual, ten a forza da resurrección.

Un día, no lago de Xenesaret, cando Xesús acabou de falar á multitude, estando na barca de Simón, díxolle: «Rema mar dentro, e larga o aparello para pescar». Respondeu Simón e dixo: «Mestre, pasamos a noite faenando e non demos collido un rabo de peixe; pero, xa que ti o dis, largarei o aparello». Así o fixeron, e colleron tal cantidade de peixe que o aparello rebentaba. (Lc 5,4-6)

Simón Pedro non quedou atrapado na súa experiencia de esterilidade que lle dicía que non merecía a pena volver largar o aparello; Simón Pedro confiou na Palabra de Xesús e por iso, e só por iso, a pesca foi abundante. Aprendamos de Pedro: «xa que ti o dis, largarei o aparello». Xa que ti o dis – este é o segredo!

6 comentarios en “Terra, nosa mestra

  1. Beatriz dijo:

    Gracias.
    Cómo Jesús lo hizo en su humanidad, digamos con Él : “ Lámpara es tu palabra para mis pasos, luz en mi sendero . Sal 118.105.

  2. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “” LA AYUDA VENDRÁ DEL SEÑOR..?”l De esa Roca inexpugnable…en ese Alcázar donde refugiarse de todo… La Vida, llena de incertidumbre y de inexplicables azares, se adecua a la Presencia del Otro, a la cooperación con los otros, nuestros hermanos, para conducirnos a la realización del Reino en la Creación. Qué llueva sobre nuestros corazones el agua del fuego abrasador del Espíritu De Dios. Qué nos inunde el calor tórrido de la Amistad Eterna del Creador. Una persona, ante una obra de arte, puede quedar indiferente o bien llorar de emoción alegre, de sentir que le habla al corazón y entender el mensaje. Un mensaje que el Creador, Dios, hace que Él mismo haya tenido previamente esa emoción de Eternidad cuando crea, cuando da Vida a cada cosa, a cada Criatura, a cada maravilla que sale de Sus Manos… Desde el principio, Sin Principio, Dios da sentido a nuestras vidas, a nuestros avatares. Siempre está a nuestro lado, fecundándonos…regando con los rayos luminosos de Su Corazón las plantas arraigadas en nuestro Ser. La humildad, la oración, la confianza, el silencio…son aspectos que han de ser cultivados en “” nuestro humus “”, en nuestro sustrato humano que se hace divino por la Gracia del Espíritu… por la acción de la Buena Noticia de Jesús en el Evangelio. No olvidemos a Dios… no lo relevemos a una mala entendida piedad… Dios, el Señor, es un Dios Vivo que tiene Misericordia con cada uno de nosotros. Es un Dios para vivirlo en Comunidad, pero, también, es un Dios que habla personalmente y de forma individual a cada cual. Es un Dios no encasillable, no se deja atrapar, ni siquiera en las palabras… A veces, no entendemos su Voluntad, pero aún así, seguimos… caminamos en la senda de Jesús sin importarnos el cansancio ni el desánimo. Busquemos su Rostro…adecuémonos a Sus Pasos… Seamos fieles con el Único Fiel. Vivamos como hermanos, en armonía con la Creación continua e infinita mente salvífica. Sea en nosotros el Amor de Dios.

  3. pedro garciarias dijo:

    Gracias, ya echaba de menos las pinturas de Mirones, gracias por esa iluminación. Sí, la Palabra de Jesús levanta a los muertos, que nunca nos falte Su Espíritu.

  4. vicenta rúa dijo:

    Graciñas por compartir o que a silenciosa e humilde terra che falou. Perfecta lección.xzds A ser terra, o que de verdade somos, estamos chamados. Semellantes a ela, nosa nai.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.