Nos di San Paulo na carta ós Filipenses : «Todo o que daquela era para min un proveito, estimeino, por causa de Cristo, unha perda».
Seguimos sendo instruídos, neste domingo por Xesús de Nazaré do que debe significar para nós o Reino de Deus. Porque tanto no seu tempo, coma no noso, non todos se entusiasman co proxecto de Xesús. E, tanto onte coma hoxe sigue habendo moitas interrogantes ó respecto.
¿É razoable acolle-la utopía do Reino? ¿Non será pura tolemia? Estas preguntas xorden cando nos atopamos coa persoa de Xesús de Nazaré que sempre pon ás persoas nunha actitude selectiva: aceptar ou rexeitar o proxecto do Reino de Deus como meta do vivir humano. Xa non é unha cuestión de prácticas relixiosas, nin menos aínda as obrigas que impón un credo relixioso. É mais, moito mais que todo iso. O “tesouro e a perla” son unha metáfora de aquilo que mais pode encher o corazón humano: É un ámbito e un ambiente humano de respecto, tolerancia, estima, cariño e seguridade, no que damos felicidade y recibimos felicidade, con a convicción de que iso é para sempre. Por iso é unha Utopía e esa Utopía é a que Xesús nos ofrece.
Non o esquezamos nunca: a Igrexa non é o Reino de Deus, nin a vida eterna tampouco. Xesús ensinaba o Reino que El soñaba para este mundo, porque a vida eterna é outra cousa. Por iso utiliza nas parábolas imaxes sobre o Reino de Deus que as xentes coñecían ben porque pertencían ó ámbito doméstico e laboral, pero que escondían dentro delas un tesouro moi valioso, que se converte nunha riqueza e gracia interior que se espalla alén de nós mesmos cando o acollemos con alegría e agradecemento. A aceptación dos tesouros do Reino nos enchen dos froitos do Espírito, os que San Paulo describe na Carta ós Gálatas: «Amor, alegría, paz, paciencia, agarimo, bondade, formalidade, mansedume e dominio de si».
Construí-lo Reino de Deus no noso mundo non é unha tarefa fácil, como tampouco o foi para Xesús. A columna vertebral do Reino de Deus é a Xustiza e o seu froito é a Paz. Son o tesouro e a perla, o mais prezado e todo o que encontra este tesouro ten o mais fermoso, pero tamén con esa riqueza impagable se adquire un mundo de problemas. Ou pensamos que construí-lo Reino é coser e cantar. Non. O mesmo que lle ocorreu a Xesús de Nazaré, o mesmo vainos a ocorrer a nós. El nolo deixou ben dito: «Se a min me perseguiron, hanvos perseguir tamén a vós». Construí-lo Reino é enfrontarse os inimigos da vida, a tódolos poderes que pisan os dereitos das persoas. E, si había algo que a Xesús lle importaba sobre tódalas cousas, era a paz e o benestar das xentes. Sen xustiza non hai paz ni benestar, non hai Reino de Deus.
O Reino de Deus está oculto como o estaban o tesouro e a perla, e si queremos atopalo temos que mirar dentro de nós porque Xesús de Nazaré nolo deixou dito: «O Reino de Deus está dentro de vós». Polo tanto, o primeiro é descubrir ese tesouro que levamos dentro de nós e se nos pide vender todo para adquirilo. O descubrimento do Reino de Deus dentro de nós nos troca a vida, é unha labor continua ir quitando as capas que o ocultan, un traballo doloroso pero que nos enche de ledicia e de paz. É un proceso que nos vai levar toda a vida, pero é esa labor purificadora que nos vai guiando cara a Sétima morada, a sala luminosa que disipa toda tebra interior e comprendemos que toda loita polo Reino é o maior triunfo do amor de Deus en nós e o seu froito é a xustiza e a paz que nos enche e que podemos dar ás nosas comunidades e ó noso mundo, tan sedento delas.
Descender ás profundidades do corazón é atoparse con un mesmo e con toda a riqueza que Deus puxo en nós e que permanece agachada porque as forzas hostís ó Reino o programan todo para que as xentes non pensen, non vexan nin sintan a necesidade de transformar este mundo tan cheo de inxustiza. Vivimos demasiado distraídos e ocupados e non acertamos a plantexárno-la vida ante o misterio último da existencia. Por iso cando descubrimos dentro de nós a Voz que nos chama a percorrer un novo camiño que trocaría as nosas vidas e que nos faríamos portadores dunha mensaxe e de unha Boa Nova que abre camiños de esperanza, por esa mesma razón temen nos traerá problemas. Porque os fillos do Reino sofren violencia polo antirreino, que é a inxustiza e a explotación. A historia está chea das testemuñas que deixaron súas vida polo camiño, pero o tesouro escondido e a perla preciosa nunca estará nas mans dos inimigos do Reino, porque nos pasaron o testemuño a nós e nós temos que pasalo ás novas xeracións.
Ser fillos do Reino non implica ter unha fe relixiosa, e moitas veces as relixións son un obstáculo para que o Reino avance. Todo o que está pola xustiza, a paz e o benestar da humanidade doente é fillo e filla do Reino e portador dun tesouro que se comparte con alegría.
Gracias
El Corazón humano…ese lugar profundo donde se fragua toda la existencia; donde nos encontramos con la Realidad Suprema; donde hemos de buscar nuestras experiencias concretas que, tras analizarlas y desmenuzarlas, nos ayuden como guías a continuar en el Camino de la Vida, con los pies en la tierra. De nada sirve cerrar los ojos del alma a lo cierto…engañándonos con falsas visiones y actitudes…y afirmando que la Justicia y La Paz han quedado para otros, para otros tiempos. Muchas veces alienamos el sentir del Ser Humano con contravalores que la Sociedad prima como ciertos y alcanzables. Por contravalores dictados por grupos de interesados que pretenden anular a las personas en el pensar y actuar. La filosofía, las religiones, la ciencia…no tienen todas las respuestas. No tienen la Verdad en toda su totalidad. Ayudan en casos particulares y concisos, pero no lo son todo. Para algunos las ideas son válidas…para otros entorpecen la evolución del Ser Humano. Al final, lo más importante, es buscar lo cierto… mirarnos en Nuestro Interior. Buscar a Ese “ SER CREADOR “ que lo inunda todo…que todo lo constituye…que asume con fidelidad la preocupación por las personas y las cosas. Al Ser Humano lo ha dotado de Intelecto, de razón y Corazón , para que discierna con ayuda del Espíritu Santo…. Es fundamental que las personas luchen por un mundo mejor. Que todos aúnen sus fuerzas para que en la Tierra se establezca el proyecto humanizador De Dios que Jesús deja marcado como máxima a los Hombres para consolidarlo a través de todos los tiempos. “” VENGA A NOSOTROS TU REINO… “” …. Es un Reino que habla de Justicia, de Paz y de Amor entre los Seres Humanos…de cualquier condición, de cualquier ideología, de cualquier filosofía…más allá de creencias o i creencias. El Reino es “ un Lugar “ donde se encuentra el Corazón del Hombre, dentro de la Realidad del Corazón De Dios…. Y “” DIOS ES AMOR “”.
Gracias!!
Parece que Jesús se esfuerza en la explicación a todos de como se puede manifestar el Reino de Dios en éste mundo .
El Camino es hacia dentro, cuando lo encuentras se convierte como en un imán, desde cualquier ángulo te atrae.