Estamos comezando a camiñar en pos de Xesús de Nazaré. Estamos o inicio do seu ministerio público, pero antes dese ministerio temos celebrado un acontecemento que ía marcar a súa vida: Súa inmersión nas augas do Xordán coma un de tantos dos que se presentaban a Xoán Bautista para recibiren o bautismo de conversión. Hai un segundo episodio na súa vida que, así como o Bautismo o marca para sempre por dentro, ese segundo episodio lle abre as portas para enfrontarse coa vida dende unha gran liberdade interior: O seu retiro no deserto no que ten que enfrontarse ós seus propios demos, vencelos e elevarse por riba da sedución do mal. Isto deulle unha vida interior chea de gracia e de verdade, e unha autoridade as súas palabras e a súa vida que creaban admiración nas xentes.
Di J. Mª Castillo no seu libro: A humanización de Deus que: «O mesmo os discípulos que a xentes, cando vía, sentían e palpaban os feitos extraordinarios de Xesús, vían as experiencias propias e características do divino, si se prefire, a experiencia do que transcende o humano. Por iso a pregunta que lles salia espontaneamente era: Quen é este?»
O ensino de Xesús non se esgota en palabrerías sobre Deus, sobre cuestións morais, sobre pureza ritual, leis e observancias. Os letrados e escribas ensinaban no nome da institución, para eles o importante é a tradición e a pureza da Lei. Súa autoridade provén de seren os intérpretes oficiais da Lei. Dende esta perspectiva, tanto onte coma hoxe é imposible chegar ó corazón des xentes. Moitos discursos teolóxicos e morais aburren as xentes, non os escoitan, son como vidas paralelas. A autoridade de Xesús é diferente, se alimenta noutra fonte distinta das institucións e da tradición dos Padres: «Tedes oído que se lles dixo ós vosos devanceiros… Pero eu dígovos». Súa autoridade ven dunha experiencia interior moi fonda de quen era Deus na súa vida e na vida das xentes. Hai outras augas onde beber, son as augas do Espírito, ese manancial de vida nova e abundante, augas curadoras que devolverán vida e saúde ós enfermos, unidade ás vidas rotas, esperanza e consolo os tristes, acougo ós corazóns aflixidos, paz ós desacougados, vida ós mortos… A súa palabra é unha invitación a tódolos que están cansos dunhas institucións que non alumean a escuridade das súas vidas, que non lles axudan a levar o duro peso da existencia, que se senten completamente caídos nas encrucilladas dos camiños: «Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que Eu vos aliviarei» (Mt 11, 28).
A Palabra de Deus é viva e eficaz, nos di a Carta ós Hebreos. porque é unha palabra que penetra no interior e descubre os segredos do corazón humano, nos sobresalta coma ó endemoñado da sinagoga que sentíase a gusto escoitando ós escribas pero se alporiza cando a palabra de Xesús entran dentro del e o altera por completo. Pode ser que ese sexa o problema: querer vivir baixo unha tutela tranquila dunha institución que nos adormece, antes que enfrontarnos a unha Palabra que nos revela os segredos do corazón e nos chama a vivir en liberdade, e xa sabemos o que costa ser homes e mulleres ceibes.
O Espírito é o que da vida, dille Xesús a xentes na sinagoga de Cafarnaún. É o Espírito que descendeu sobre El no Xordán, o que o levou ó deserto a se enfrontar cos seus demos. Por iso a súa palabra é palabra de vida, palabra que ten autoridade e que sorprende ás xentes, Non ensina coma os escribas de palabras autoritarias e valeiras. A palabra de Xesús fai renace-la vida da xente, é a palabra do bo Pastor: Eu vin para que teñan vida e para que a teñan dabondo>> (Jn 10,10). É por iso que, a través das curacións, o que Xesús quería, era levar a xentes a unha curación integral das persoas, que sintan nas súas vidas a presencia de un Deus próximo e amigo, Pai que quere que vivan unha vida sa e ceibe. Xesús abre novas portas na convivencia humana baseadas na liberdade e no respecto. Seu ofrecemento de perdón ás xentes afundidas na culpabilidade e a ruptura interior. Súa tenrura para cos maltratados pola vida e pola sociedade; seus esforzos por liberar a todos do medo e da inseguridade, para vivir dende a mais absoluta confianza en Deus.
Non deixa de ser paradigmático que Marcos sitúe o inicio do ministerio de Xesús dúas curacións en sábado: a do endemoñado (1, 1-16) e a do home da man tolleita (3, 1-4). A sinagoga era a continuación dunha tradición que que enfermaba as persoas por dentro (o endemoñado que non era dono de si); e as incapacitaba para vivir con soltura e liberdade (o home da man tolleita). Contra iso, Xesús é o que da a liberación de toda enfermidade e escravitude.
Temos que aprender a ensinar como facía Xesús. Para achegarnos ás xentes o primeiro é saber escoitar, deixar que a xente se exprese, que diga o que sinte en enteira liberdade. A Igrexa para dicir unha palabra con autoridade ten que abrir o oído do seu corazón, porque toda a palabra para que chegue ó corazón das xentes ten que ser dita despois dunha escoita atenta do sufrimento que hai no mundo, non antes. As xentes non queren discursos, senón compañía, achegamento ós seus problemas, nin tan sequera piden milagres, senón ser escoitados. A Igrexa ten que sentir coma Xesús. El non era un profesional no estudio e na interpretacións das Escrituras coma os escribas, os teólogos e moralistas. A súa palabra tiña unha forza que nacía da lectura da vida á luz da súa experiencia e coñecemento de Deus. Por iso a súa palabra era directa, auténtica e tiña unha forza e autoridade que o pobo sabía captar axiña.
Remato cunhas palabras de J.A. Pagola: «Non somos escribas, senón discípulos de Xesús. Temos que comunicar a súa mensaxe, non nosas tradicións humanas. Temos que ensinar curando a vida, non adoutrinando as mentes. Temos que contaxiar o seu Espírito, non nosas teoloxías».
Gracias !
Una reflexión realista, tal cual, de las que da pena que termine.
Jesús es la Paz, la única Paz . Paz que está en oposición al espíritu del mundo. » ¿ Qué tenemos nosotros contigo, Jesús de Nazaret ? ¿ Has venido a destruirnos ? Sé quién eres: el Santo de Dios . » Mc 1,24..
En la » Cafarnaúm » de hoy , cuesta y cansa , vivir en el ojo del huracán.
“” … Jesús le respondió: ^^ Todo el que beba de esta agua volverá a tener sed; pero el que beba del agua que yo le de no tendrá sed jamás, pues el agua que yo le dé se convertirá en él en fuente de agua que brota para vida eterna ^^ … “” ( SAN Juan 4, 13-14 ). Agua del Señor que calma la sed de las personas. Que acerca a la realidad los sentimientos de alejarnos de ansiedades y miedos que nos bloquean y no nos dejan sentir a Dios. Nuestros razonamientos, nuestra mente, son invadidos con mucha frecuencia por ideas de tranquilidad sin cuestionarnos la existencia. Sin personarnos como parte de nuestra responsabilidad como seres humanos para aceptarnos y aceptar la vida de los demás, van discurriendo nuestros días olvidándonos de manifestar la Buena Nueva al mundo, a lo cotidiano…a desenmarañar y desenmascarar a toda clase de demonios e ídolos que se nos cruzan y que anidan en nuestros seres. Jesús es el Gran Sanador… El Gran Médico que cura, que se atreve contra el mal… Ese mal misterioso y que es vencido una y otra vez por el bien que sale del Corazón Misericordioso del Señor. Seamos capaces de aunar fuerzas en nuestras experiencias y gritemos con fuerza que siempre es posible continuar levantándose entre Alegría y Confianza de las caídas cotidianas que nos depara la Vida de todos los días. Pidamos la fuerza del Espíritu a ese Dios que todo es Amor.
Muy buena la reflexión, y la mención de Pagola, superbuena. Que el Señor nos conceda el Agua Viva y no nos pase como lo que dice Isaias…»no busquéis agua en las cisternas agrietadas» Abrazo fraterno hasta Sobrado en el Agua Viva, desde Granada
Pedro, es Jeremías 2,13.
Saludos.