A gloria de Deus alborexa sobre o mundo. Ata os confíns da terra chega o anuncio Pascual: Paz convosco, aleluia, son Eu en persoa, non teñades medo, aleluia.
Quen poderá arrebatarnos o gozo da Pascua? Cristo saíu vitorioso do sepulcro e nel todo fomos xustificados e salvados. Temos morto con Cristo e cremos que tamén viviremos con El.
Pascua sagrada, eterna novidade, o mundo renovado canta un himno o seu Señor. É o himno da vida, o himno dos bautizados na súa sangue preciosa; os somerxidos na auga e rexurdidos a un novo orde onde se proclamará a paz, o amor e a xustiza. Pouco importa que orde do mundo pareza que non troca nos valores do amor, da paz e da xustiza, temos que aprender a acoller con fe a súa presencia en medio de nós. El é o que pode desencadear o cambio no horizonte, a esperanza da comunidade non se esgota porque pareza que non hai froitos de xustiza. O resucitado é a nosa liberación e a nosa forza. El nos da forza para crear un novo clima de paz e serenidade que tanto se necesita no noso mundo. Por iso temos que acoller con fe a súa presencia en medio de nós. E, así é como o noso canto será hoxe coma na noite de festa no que reina a alegría, coma se marchásemos ó son das gaitas e pandeiros a celebrar a Festa das festas: A Santa Pascua de Cristo o Señor.
Na resurrección de Cristo sabemos e comprendemos desde a fe que o noso Deus é o Deus da vida, da alegría, da paz inalterable, da luz que vence as tebras, porque Deus non é un Deus de mortos senón de vivos. Os homes poderán destruí-la vida de mil maneiras, pero, si Deus resucitou a Xesús, isto significa que so quere a vida para os seus fillos. Non estamos sos nin perdidos na morte. Podemos contar cun Pai que, por riba de todo, incluso por riba da morte, nos quere ver cheos de vida. Agora só hai unha maneira cristiá de vivir, e se resume así: Poñer vida onde outros poñen morte.
Deus en Xesús está con o froito de seu amor, que somos nós, nos a compaña no camiño da vida, pero non o fai desde fora, nin desde arriba, o fai desde dentro de nós e dentro da historia porque non podemos illarnos, nos quere somerxidos no mundo coma fermento que fai que fermente e floreza toda a bondade que se agacha no corazón de todo ser humano. Ás forzas do mal seguen a loitar contra os irmáns do Resucitado, a morte e o pecado queren recuperar o seu trono de soberanía no corazón das persoas, pero xa non teñen poder porque Cristo está no noso interior coa forza do seu amor e nos enche da súa luz e da súa forza recordando as súas palabras: No teñades medo, eu vencín ó mundo.





