Reino e xustiza

La organización del Movimiento Agrario | Diego Rivera | 1926

castellano

Despois do bautismo de Xesús, San Mateo nos vai a meter de cheo na súa vida e na súa obra. Esmorece a voz do Bautista e se comenza a escoita-la voz de Xesús de Nazaret. Desaparece o paisaxe seco e sombrío do deserto de Xudea e ocupa o centro a beleza da verde Galilea.

Todo vai a dar un troco moi profundo na vida de Xesús. Seu tempo de vida oculta, de profunda reflexión, de busca e de oración no seu retiro no deserto de Xudea abriron unha visión, un coñecemento de Deus, da relixión e da situación do pobo completamente novo, e sinte a chamada a comunicar ó pobo a rica experiencia dos seus longos anos de aprendizaxe, vendo e observando a vida do pobo e a súas necesidades, súas esperanzas e de como era a súa relación con Deus a través da fe relixiosa de Israel.

Galilea é moi distinta de Xudea. Xudea é o centro da vida relixiosa de Israel. Galilea e unha mestura de xudeus e pagáns, é a Galilea dos xentís. É aí onde comenza a gran odisea, onde se fragua a gran esperanza para o pobo que habitaba nas tebras, a quen chega a Luz da Palabra anunciando un camiño de conversión que abre as portas do Reino.

Xesús comenza o seu ministerio sen dar unha doutrina sobre Deus, nin sobre observancias da Lei nin de regras morais nin de purezas rituais, porque non é nin filósofo nin teólogo. É un profeta e encanto tal sitúase na tradición dos profetas. Lle preocupa o cambio do home e da sociedade para que reine a xustiza e o Reino de Deus. A xustiza é a columna vertebral de Reino de Deus. Isto na Igrexa tiñámolo que ter gravado a lume no corazón. Porque o Deus revelado por Xesús é o Deus do Reino. O reinado de Deus é o amor sen límites de Deus ós menosprezados e marxinados, ós pobres, ós asoballados, ás mulleres, ós pecadores. Polo tanto é o Deus bo, misericordioso, único, distinto, preto ós pobres e os necesitados de xustiza. Si comprendemos isto e o vivimos seremos testemuñas da vida e da obra de Xesús que amosa a bondade de Deus no medio das xentes.

Temos que volver  recuperar  ese linguaxe de Xesús que enchía de esperanza a vida das pobres xentes. No medio das tebras, o pobo vai a comenzar a ver unha luz grande, entre a sombras de morte empeza a  brillar unha luz. Iso é sempre Xesús: unha luz grande que brilla nas tebras do mundo.

En tódalas épocas da historia observamos como as distintas relixións se degradan e se converten en lugares de opresión e de falta de liberdade. O xudaísmo non se librou diso e o cristianismo tampouco. E, así como Xesús comenza presentándose ante o pobo cun imperativo, «ARREPENTIDEVOS», e non o temos que entender como unha chamada a unha vida de prolongadas oracións, de austeridades e privacións. Non, Xesús chama a adentrarse no camiño do Reino de Deus que, xa por si mesmo, é un camiño de loitas e compromiso pola xustiza e os dereitos das persoas de ter unha vida digna; iso é deixar as tebras, é dicir: deixar a comodidade dunha vida anódina por temor a vivir un compromiso que poña en risco esa vida esmorecida que non nos da problemas. O camiño do Reino é abrirse a luz para botar a andar por un novo camiño no que imos experimentando a alegría da liberación e de abri-la conciencia da xente a tódalas posibilidades de cambio que nos ofrece a fidelidade a Xesús e ó Reino de Deus. Pero tamén sentirémo-la fría ollada da indiferenza e a persecución dos que se encontran a gusto nese mundo das tebras.

Con Xesús de Nazaret comprenderon as pobres xentes da Galilea e comprendemos nós que o Deus do Reino, o Deus de Xesús é «Un Deus que acolle, abraza, bica ó extraviado, o perdido, o abandonado, ata organizarlle una festa, un banquete, con traxe de luxo, comida opulenta, música festiva, sen reprocharlle nada. É o Deus que se identifica cos pequenos, os ignorantes, os nenos, os enfermos, os estranxeiros, os encadeados, ós que ninguén quere e ós que todo o mundo despreza» (J. M.ª Castillo).

O compromiso do Reino de Deus é algo moi serio e moitas veces parece que non caemos na conta. Abrirlle ás xentes ese mundo de posibilidades con tódolos los traballos que conleva, ás veces moi pesados e duros, pero cheos de gozo de abrirlles á xentes un mundo novo no que teñen cabida tódolos que aspiran a mellorar a vida das persoas, e comprenderemos que os traballos feitos con fatiga dan os seus froitos. O contrario, como moi ben afirma J.Mª Castillo : «Si Xesús se houbera quedado en Nazaret, vivindo e traballando coma un modesto artesán toda súa vida, morrería no anonimato de home bo que endexamais cometeu un delito. Non houbera sido un delincuente, iso por suposto. Pero coa súa pasividade, houbera colaborado a perpetuar a delincuencia».

Graciñas a Deus non foi así.

7 comentarios en “Reino e xustiza

  1. Bea dijo:

    Gracias por tan esclarecedora y zarandeante homilía, dado que a menudo se nos olvida el fuerte compromiso ineludible que posee el Evanegio. Tenemos una gran tarea. Gracias.

  2. Pedro Garciarias dijo:

    COMO SIEMPRE el p.Castillo acierta, destaca entre los investigadores con más amor a la Iglesia y humildad en su trato que este hombre de DIOS, a pesar de todos los inesperados vericuetos de su larga vida , él ha dado ejemplo de su honestidad y testimonio profético, contra viento y marea… esto es lo que cuenta. Gran teólogo, profesor y jesuíta. Como lo conocí bien puedo escribir todo esto. Gracias por el texto y la posibilidad de traducción.

  3. Beatriz dijo:

    “Gracias a Dios no fue así “, no, fue justo lo contrario, “Detenido, sin defensor y sin juicio “ Is 53,8. El resto ya lo sabemos. Por eso, resalta hoy la palabra de San Pablo: “ para no desvirtuar la Cruz de Cristo “.
    Muchas gracias 🙏🏽

  4. vicenta rúa dijo:

    Siempre es necesaria esta palabra, recordatorio e impulso para caminar con los pies en el suelo y la autenticidad y el fuego en el corazón.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.