Que o corazón se encha de luz

Cuaresma IV | Enrique Mirones | 2017

castellano

Hai relatos evanxélicos que por moito que os leamos sempre nos producen unha emoción interior e unha admiración que nos enche dunha gran paz. E, sobre todo, nos axudan a acoller o proxecto de humanizar unha relixión que poñía o acento no sagrado, coa súa dignidade, seu poder, súas normas, súas prohibicións, pero que marxinaba ós pobres, ós enfermos e pecadores.

Interiorizar este relato evanxélico, deixar que escarve dentro de nós, que rache as tebras interiores nas que poidamos haber caído sen darnos sequera conta diso. Cando vivímo-la relixión, a que sexa, sen cuestionarnos nada, nos estamos deixando dominar pola peor das cegueiras, a cegueira do corazón, a cegueira que nos endurece por dentro, a que xulga negativamente toda boa obra en favor das persoas que non entren nos estreitos muros das nosas crenzas relixiosas, a que antepón o sagrado, a lei, a norma e o precepto a calidade da vida das xentes.

En tódalas formas de Xesús de Nazaré de enfrontarse cos inimigos da vida e a dignidade das persoas no nome de Deus e da relixión, está sempre a pregunta que lles fai ós fariseos na sinagoga de Cafarnaún cando curou ó home que tiña a man tolleita: «Que está permitido no sábado: face-lo ben, ou face-lo mal; salva-la vida ou matar?» Pois hoxe no relato evanxélico que se nos proclamou, Xesús da un paso de xigante: nada mais e nada menos que corrixir o pensamento relixioso sobre a concepción dun Deus que castiga o pecado dos pais nos fillos ata a terceira xeración como se narra no Libro de Éxodo 20,5: «Eu, o Señor teu Deus, son un Deus celoso. No caso dos que me aborrecen, eu castigo os pecados dos pais nos fillos, nos netos e bisnetos».

Xesús nos manifesta o amor misericordioso do seu Pai en contraposición ó celo negativo dun Deus creado polos homes relixiosos a súa imaxe e semellanza. O Deus que se manifesta en Xesús de Nazaré non é o Deus do Sinaí. Por iso o proxecto de Xesús choca frontalmente co proxecto relixioso dos fariseos e do Templo, porque no proxecto de Xesús o centro está no humano, no respecto a todos, sexan relixiosos ou non, sexan boas ou malas persoas, porque para Xesús, Deus no exclúe a ninguén e fai saí-lo sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos.

Xesús pensa nas persoas que, pola súa condición social, de enfermidade, de situación moral, mesmo segundo o tipo de traballo que realizan as pode facer impuras e, polo tanto, seren excluídas pola relixión, exclusión que, a pesar do tempo, aínda se mantén vixente en moitos credos relixiosos, mesmo no cristianismo.

Pero, o Deus que se  nos manifesta na vida e nos feitos de Xesús de Nazaré, desacraliza o poder relixioso, poder de vida e morte, aínda hoxe nalgúns países. O Deus de Xesús é o amigo da vida. Non se encarnou para fundar unha relixión, en todo caso, para humaniza-la y desacraliza-la. O centro do seu proxecto é a dignidade e a felicidade das persoas, da alegría de vivir, o gozo e desfrute do todo bo e belo que Deu fixo e puxo na vida, a compaixón, a proximidade, a misericordia, o diálogo, a acollida, o perdón das ofensas. Un concepto evanxélico da xustiza e todo aquilo que fai que as relacións humanas sexan abertas e non pechadas en guetos e nacionalismos absurdos, teñen que ser o froito da comprensión dun Deus que se humaniza e se amosa na vida e nos feitos de Xesús de Nazaré.

As relixión poderían ser canles e non obstáculos para o proxecto de Xesús, o problema está en que, como moi ben di José María Castillo que, «as relixións, as que sexan, ó poñer o acento de todo no sagrado, por iso mesmo e por só iso se impón límites, prohibicións, censuras, ameazas, que entran en conflito con moitas das aspiracións mais fondas que sentímo-los mortais».

O problema co que nos temos enfrontados ó longo da historia co fenómeno relixioso, non son as relixións que teñen unha función específica de guiar ás persoas polo camiño da solidariedade, da xustiza e do ben. O problema son os homes relixiosos que, co seu saber teolóxico e a súa autoridade e autosuficiencia, e pechados en si mesmos, non teñen dúbida de xulgar como algo malo e transgresor, unha acción que libera a unha persoa de súa escravitude ou dunha enfermidade, neste caso, da cegueira, porque se aparta da lei, da norma e do precepto que dan os homes relixiosos no “nome de Deus”.

Non está demais que teñamos sempre en conta unhas palabras que son claves neste relato do cego de nacemento: «Para realizar un xuízo vin eu a este mundo: para que os que non ven, vexan, e para que os que ven, se volvan cegos». Os que nos dicimos crentes ou persoas relixiosas temos que ter moi presente que non é o mesmo ver que mirar, oír que escoitar. Se ve e se escoita co corazón, dende a profundidade do ser onde xurde a luz que alumea e é fonte dun discernimento evanxélico e humano das persoas e dos acontecementos. Pola contra, se mira e se oe cos sentidos exteriores, os que xulgan segundo as aparencias das cousas e as normas establecidas que endurecen o corazón. A súa cegueiras lles impiden ir alén do que marca a lei, a norma e o precepto. Para eles as persoas teñen que estar sempre sometidas e por debaixo do establecido.

O sentimento da dor que Xesús tiña pola dureza de corazón dos homes relixiosos do seu tempo se resalta moi amiudo nos Evanxeos, ata chamalos «guías cegos», incapaces de se abrir a luz. Se non somos capaces de descubrir ó Deus da bondade que se manifesta en Xesús, o que se inclina respectuosamente ante a dor dun ser humano, o Deus que se humaniza en Xesús e faise proximidade, tolerancia, comprensión e amor entrañable. Se non somos capaces de ver, de sentir, de escoita-lo lamento da vida que nos ven de parte de Deus no seu fillo Xesús Cristo no noso mundo, non paga a pena de vivir unha mentira relixiosa, só seremos cegos que din que ven.

8 comentarios en “Que o corazón se encha de luz

  1. Beatriz dijo:

    El evangelio de hoy describe detalladamente como es un proceso farisaico, – mala fe – de plena actualidad.
    A veces el Señor no deja abierta ninguna rendija… , momento para la confianza y el abandono.
    Que Él abra nuestro ojos cuando quiera.
    Muchas gracias.

  2. Molo dijo:

    El ojo con el que yo veo a Dios es el mismo ojo con el que Dios ve en mí: mi ojo y el ojo de Dios, es un único ojo y una única visión, un único conocimiento y un único amor». Sermón XII, Qui audit me. Meister Eckhart (Turingia, c. 1260 – c.

  3. Pedro Garciarias dijo:

    Gracias por el comentario de hoy y gracias, también por la mención de ese hombre de Dios y gran teólogo que es José Mª Castillo. Las tres últimas líneas del comentario son geniales, lo sintetizan todo. La Pascua está cerca y con el Espíritu decimos…o gritamos,VEN SEÑOR JESUS, Maranatha!

  4. EDGAR LUNA dijo:

    Yo soy Americano-Latino y unicamente hablo Espanol Latino. Sin embargo este mensaje penetro mi alma. No se si es Gallego o Portuguese pero lo entendi todo. Gracias. Thank you. Obrigado. Mile grazie.

    Edgar Luna
    Saint Joseph’s Abbey.
    Spencer, Massachusetts
    USA

    • Monasterio de Sobrado dijo:

      Buenos días, Edgar.
      El texto está escrito en gallego, pero, al inicio del texto, si pinchas en la palabra «castellano», te aparece la traducción castellana. Gracias a ti.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.