
Cruz de la Parroquia de Espinho, Portugal (det.) | Xaime Lamas, monje de Sobrado
Hoxe celebramos a transfiguración do Señor. Nesta festa contémplase o rostro de Xesús, radiante cunha luz de vida que está destinada a todo o universo, á humanidade enteira. A nosa común vocación é unha vida transfigurada! Os acontecementos da vida de Xesús son para iluminar a nosa existencia: celebramos a súa transfiguración e a nosa. Na súa vida atopamos o sentido da nosa.
Para descubrir o sentido deste misterio da transfiguración é importante contextualizar o relato no evanxeo de Mateo. Despois do famoso diálogo sobre a identidade de Xesús – Quen di a xente que é o Fillo do home? E vós, quen dicides que son eu? – e da confesión de Pedro – Ti es o Mesías, o Fillo do Deus vivo – Xesús comezou a manifestar aos seus discípulos que tiña que ir a Xerusalén e padecer alí moito por parte dos anciáns, sumos sacerdotes e escribas, e que tiña que ser executado e resucitar ao terceiro día. O mesianismo de Xesús non ten nada que ver coa chegada dun poder dominador, cunha conquista ou o triunfo, senón, en troques, concrétase no abaixamento, no servizo, na entrega da vida, nunha morte solidaria, compartindo o destino dos últimos da historia. Xesús é o Mesías, o Unxido do Pai, a plena revelación de Deus, porque El abraza toda a humanidade, empezando polos últimos. Pedro non o entende, escandalízase e reprocha a Xesús, porque tiña outra expectativa sobre o mesianismo.
Xesús é un home libre. A súa vida está entregada. Porque quen queira salvar a súa vida, perderaa; pero o que a perda por min, atoparaa. Para Xesús a vida atópase perdéndoa. Cando un ten conciencia de que a vida non lle pertence, que a vida é para perder e non é para conquistar nada, que somos como o gran de trigo, que se dá froito é porque cae en terra e morre, entón ocorre o misterio da transfiguración: o luceiro, que é Cristo, amence nos nosos corazóns; El é a nosa identidade máis profunda, pois todos somos habitados por un misterio de luz e de amor.
Todo o que vivimos contén un misterio de luz, aínda que sexan as situacións máis dolorosas. Cando non nos atopamos con esta luz é porque reaccionamos dende o medo, é porque tememos perder a vida, é porque cremos que a vida é algo para preservar segundo unha expectativa que nos creamos, segundo os nosos proxectos. E cando non se cumpren as nosas expectativas, sobre nós mesmos ou sobre os demais, no noso traballo, na familia ou na comunidade ou nos nosos compromisos como cidadáns, sentímonos ameazados, frustrados e chegamos a pensar que a vida non ten sentido. Cando non nos abrimos para ver máis alá das nosas expectativas, quedamos encerrados na escuridade.
A transfiguración nunca é unha proxección dos nosos máis belos soños para un futuro imaxinario; é o hoxe, aquí e agora, do misterio de luz que está escondido no noso corazón e no corazón da realidade, mesmo cando se nos presenta desfigurada. Se abrazamos esa realidade, ela transfigurase. O que nos transfigura e transfigura a vida é a forza dun abrazo, é a acollida incondicional, sen pretender que se cumpran as nosas expectativas.
Empecemos por nós mesmos: Señor, dános a graza de dicir ante a nosa propia vida: que ben se está aquí! Cando somos capaces de ver a luz do Tabor no noso corpo fráxil, entón toda realidade contemplarémola baixo o signo da Pascua: toda desfiguración ofrécesenos como transfiguración.
«A nosa única obriga moral consiste en desbrozar en nós grandes claros de paz e amplialos aos poucos, ata que esa paz irradie cara aos demais.» (Etty Hillesum)
Non haberá paz en nós nin no mundo se non nos damos conta de que a vida é para perder. As pequenas e as grandes guerras sempre veñen do desexo da conquista, do dominio e do poder, e por iso só xeran destrución e sufrimento. Unha vida que se entrega, que se perde, sen pretendelo, transfórmase nunha vida fecunda, que xera fraternidade, paz e alegría; unha vida así é libre e é un luceiro no medio do mundo.
Gracias
Gracias!
El caso es que Pedro, Santiago y Juan no tuvieron miedo cuando vieron a Jesús transfigurado, incluso hablaron con Él , estando allí también Moisés y Elías.
El miedo, espanto, les entró cuando escucharon la Voz. :—“Este es mi hijo amado, mi predilecto, escuchadlo.
Es necesario atravesar el desierto para ser “” Amigo De Dios “l . Es Abrahán, Moisés, Elías… quienes no dudaron de esta certeza. Moisés, animado por las columnas de nube y fuego, con un ardor incontenible, no sucumbió a la fuerza del Espíritu De Dios y condujo al pueblo de Israel hacia la Tierra Prometida…a esa ciudad elevada… hacia la vida eterna. Por eso, nosotros, continuamos intentando ser como Nuestros Padres… continuamos a la escucha y visión del Señor. El rostro de Jesús destila Luz…una Luz que penetra hasta lo más íntimo de nuestro Ser. Dejemos que Ella Transfigure nuestra existencia…que, como el maná, alimente nuestro espíritu y nos reconforte. Es la manera que su Calidez cure nuestras heridas. la Transfiguración del Señor penetra en nuestros corazones transformando nuestros malestares en “” cicatrices plenas de Amor “”. Jesús es el médico que sana nuestras almas. Que sabe de nuestros males. Que desea nuestro bien y nuestra Alegría Confiada. Nos habla con Su Palabra dándonos Luz para el Camino… Su “” Camino, Verdad y Vida “”. Él sabe cómo es el ser humano, porque él es el Hijo del Hombre. Sus palabras, como un rayo de luz que penetra en una habitación a oscuras, son como Espadas que deshacen las sombras y las tinieblas de las experiencias concretas, que tantas veces nos anclan en la tristeza y la acedía.: “” …Si alguien tiene sed, que venga a mi y que beba; del que cree en mí brotarán ríos de agua viva que saltarán hasta la vida eterna… “”. Oh, Jesús, Buen Pastor, profundiza en mi y tu Rostro ilumine todo mi Corazón para que a través de Tu Paz sepa alabarte. Qué María, a través del Silencio, me ayude a contemplar tu gloria y sepa llevar tu Buena Nueva a los demás…