Cando comecei a prepara-la homilía deste domingo e me puxen a cavilar sobre os textos que nos falan directamente ó corazón, acordeime que, J.A. Pagola tiña unha preciosa reflexión sobre este texto evanxélico (Mt 16,13-20) que, cando o lera, impresionárame moito. Volvín a lelo e coidei que o mellor era facer un pequeno resumen das súas palabras para que nos enriquezan e nos axuden a dar resposta á nosa fe en Xesús Cristo.
Adhesión viva a Xesús Cristo.
Non é fácil -di Pagola- intentar responder con sinceridade á pregunta de Xesús: «¿Quen dicides que son eu?». En realidade, ¿quen é Xesús para nós? A súa persoa chéganos a través de vinte séculos de imaxes, fórmulas, devocións, experiencias, interpretacións culturais… que van quitando o veo e velando ó mesmo tempo a súa riqueza insondable.
Pero, ademais, cada un de nós imos revestindo a Xesús do que somos nós. E proxectamos nel os nosos desexos, aspiracións, intereses e limitacións. E case sen nos decatar o empequenecemos e desfiguramos, incluso cando tratamos de exaltalo.
Pero Xesús sigue vivo. Os cristiáns non o podemos disecar coa nosa mediocridade. Non permite que o disfracemos. Non se deixa etiquetar nin reducir a uns ritos, unhas fórmulas ou uns costumes.
Xesús sempre desconcerta a quen se achega a El con postura aberta e sincera. Sempre é distinto do que esperabamos. Sempre abre novas brechas na nosa vida, rompe nosos esquemas e nos trae unha nova vida. Canto mais se lle coñece, mais sabe un que está comezando a descubrilo.
Xesús é perigoso. Percibimos nel unha entrega ós homes que desenmascara o noso egoísmo. Unha paixón pola xustiza que sacude nosas seguridades, privilexios e egoísmos. Unha tenrura que deixa ó descuberto nosa mesquindade. Unha liberdade que racha nosas mil escravitudes.
E, sobre todo, intuímos nel un misterio de apertura e proximidade a Deus que nos atrae e nos invita a abrir nosa existencia ó Pai. A Xesús o iremos coñecendo na medida en que nos entreguemos a El. Só hai un camiño para afondar no seu misterio: seguilo.
Seguir humildemente seus pasos, abrirnos con El ó Pai, reproducir seus xestos de amor e tenrura, mira-la vida cos seus ollos, comparti-lo seu destino doloroso, espera-la súa resurrección. E, sen dubida, orar moitas veces dende o fondo do nosos corazón: «Creo, axúdame no que lle falta a miña fe».
A pregunta «¿quen son eu?» ten un contido novo. No é unha cuestión sobre Xesús, senón sobre nós mesmos. ¿Quen son eu? ¿En que creo? ¿Desde onde oriento a miña existencia? ¿A que se reduce a miña fe?
Todos temos que recordar unha e outra vez que, a fe non se identifica coas fórmulas que pronunciamos. Par comprender mellor o alcance do «que eu creo» é necesario verificar como vivo, a que aspiro e como me comporto.
A pregunta de Xesús segue pedindo aínda unha resposta ós crentes do noso tempo. Non todos temos a mesma imaxe de Xesús. E isto non só polo carácter inesgotable da súa personalidade, senón, sobre todo, porque cada un de nós vai elaborando a súa imaxe de Xesús a partir dos nosos intereses e preocupacións, condicionados pola nosa psicoloxía persoal e o medio social o que pertencemos, e marcado pola formación relixiosa recibida.
Nembargantes, a imaxe de Cristo que poidamos ter cada un de nós ten importancia decisiva para a nosa vida, pois condiciona a nosa maneira de entender e de vivi-la fe. Unha imaxe empobrecida, unilateral, parcial ou falsa da fe nos levará a unha vivencia empobrecida, unilateral, parcial ou falsa da fe. De aí a importancia de evitar posibles deformacións da nosa visión de Xesús e de purifica-la nosa adhesión a El.
Por outra banda, é pura ilusión coidar que un cre en Xesús Cristo porque «cre» nun dogma ou porque está disposto a crer «no que a Santa Igrexa cre». Non abonda. En realidade, cada crente cre no que cre el. É dicir: no que persoalmente vai descubrindo no seu seguimento de Xesús Cristo, aínda que, naturalmente, o faga dentro da comunidade cristiá.
Para ser un bo crente a fe supón seguimento e coñecemento da persoa de Xesús o Señor, coñecemento e afondamento. Non pode haber imaxes fixas coma si fose un cadro pintado, Xesús é movemento constante, ninguén o pode pechar en fórmulas ríxidas. El sempre nos vai a estar interpelando. Por iso os cristiáns temos que responder con sinceridade a esa pregunta interpelante de Xesús: «E vos, ¿quen dicides que son eu?»
Ibn Arabí escribiu que «Aquel que quedou atrapado por esa enfermidade que se chama Xesús xa non ten cura».
Queira Deus que sexa así para todos nós.
Gracias
Siempre poniendo luz en el camino.
Gracias
Gracias!
Jesús es la Gracia de las Gracias. No hay otra Gracia mayor que Él.
No ocultarla jamás y darle las gracias eternamente a Dios Padre por haberla recibido.
Muchísimas gracias por este interesante resumen de lo q dice Pagola acerca de tan importante pregunta. GRACIAS de todo corazón.
Sin imágenes…sin que medien ideas ni pensamientos…en la desnudez más absoluta… Así es como debemos contemplar a Dios. Así es como hay que acercarse al misterio insondable del Señor, nuestro Creador. Jesucristo es una Realidad Infinita…es más que eso. Por todo lo que imaginemos, jamás podremos encasillarlo. No. No pretendamos asirlo con nuestras normas y razonamientos. Solo a través de los ojos de nuestro corazón podremos acercarnos a Él. El don de su Ser se nos comunica por su Espíritu. Pensar de manera diferente…intentar atraparlo en teologías dentro de la religión no sirve. Quien desee continuar en Su Camino ha de hacerlo con la honestidad, sinceridad, humildad y sencillez del discípulo hacia su Maestro. Esa alabanza al Maestro Interior, que es Cristo, y que nos revela claramente lo que somos… a lo que estamos llamados en nuestra vocación como personas. Todos los seres humanos somos diferentes, pero, también, somos iguales con un mismo entendimiento, con unas pautas grabadas A Fuego en nuestro espíritu por El Espíritu. Todo nos lleva a intentar seguir a Cristo…cada cual a su manera…aunados en una misma Fe que nos lleva a compartir con los demás el anhelo, el deseo de la búsqueda De Dios.. . Somos hermanos fraternos y nos preocupamos por los problemas de los demás, debemos tener esos objetivos. Solo en La Fraternidad auspiciada por El Otro nos acercaremos a los otros, a nuestro prójimo…con un Amor mucho más allá de nuestro pequeño círculo que marca una mira reduccionista y con egoísmo. Conozcamos cómo somos, lo que estamos dispuestos a arriesgar y dar en beneficio de esa Humanidad que comienza por lo cercano, por lo cotidiano que nos toca vivir. Ahí es y está Jesucristo, en el Amor del Padre, con el Espíritu Santo.
¡Gracias! Que Dios os bendiga por ser luz que ilumina caminos de fe. Adhesión viva a Jesús.