Non endurezades o voso corazón

Texto en castellano

Na Liturxia da Palabra deste domingo, un versículo do salmo captou a miña atención e creo que pode ser unha clave para ler o conxunto dos textos, por iso póñoo no centro desta breve reflexión: «Non endurezades o voso corazón». Un corazón endurecido é un corazón que perdeu a sensibilidade. É coma se me inmunizase e xa nada puidese afectarme. Pase o que pase, a porta do meu corazón está pechada. E isto ocorre fundamentalmente nas relacións interpersoais. Aparentemente parece que estou ben, que cheguei a un lugar seguro, que estou a salvo, pero o risco é que me quede máis encerrado en min mesmo e é moi fácil que apareza o cinismo e a amargura.

Todos dispoñemos dun bo almacén de feridas que se produciron na relación cos demais. Sería inxenuidade pensar que o que levamos así almacenado, mal almacenado, non nos fai dano. Podemos non ser moi conscientes diso, pero esas memorias perséguennos, réstannos enerxía e reforzan a nosa tristeza. Aínda así, a tentación é seguir adiante, tentar esquecer, centrar a atención noutra cousa, distraerse ou atopar xustificacións para dar por suposta a inevitable situación, reforzando a convicción de que eu teño razón e que non son responsable por iso. E así se vai endurecendo, aos poucos, o noso corazón.

Sería igualmente inxenuo pensar que a reconciliación é cuestión de sentimentalismo ou de actuar baixo unha forte emoción. O proceso que nos presenta o evanxeo indícanos que estamos ante un tema difícil. Pero  lémbranos que este é un tema que implica ceos e terra, é dicir, a totalidade da vida, con todas as súas dimensións. Non se trata dun tema lateral ou menor.

Como é posible non deixar endurecer o corazón e manterse aberto, á escoita, en camiño?

A relación toca zonas profundas da nosa vulnerabilidade. E ser vulnerable é a capacidade de ser tocado. Permanecer vulnerables é permanecer sensibles e abertos e non recluírse detrás dunha aparente fortaleza; é non perder a capacidade de cuestionarse e de seguir buscando. Querer ser forte é a forma de agudizar a ferida; permanecer vulnerable, arriscándose a ser novamente ferido, é a forma de iniciar o camiño da curación.

Neste camiño é importante ter algúns aspectos presentes:
a) Quen me dana é un ser humano tan ferido coma min. Non hai seres humanos que non estean feridos. Todos somos agresores e todos somos vítimas. E o agresor, case sempre, só está a reaccionar á súa propia dor.
b) Non hai unha relación directa entre un feito que me dana e a dimensión da dor que eu poida sentir. Un golpe nun óso fendido é moitísimo máis doloroso que o mesmo golpe nun óso saudable. Os demais poden estar a tocar zonas moi dolorosas da miña vida sen ter a máis mínima idea diso.

Unha agresión, sen deixar de selo, non ten por que levar ao endurecemento do corazón, senón que pode ser a oportunidade para facerme máis sensible ao meu mundo ferido, pode ser o inicio dun proceso de reconciliación coa miña propia historia, e ata ofrecerme a posibilidade de descubrir a presenza de Xesús na miña vida, Bo Samaritano coidando das miñas feridas. O que empezou por ser sentido como un dano, pode terminar sendo un don inestimable, polo cal nos sentimos cheos de gratitude. A gran cuestión é se miro cara a fóra, acusando, ou, ao contrario, se miro cara a dentro e me abro a un camiño de curación das miñas propias feridas.

Unha agresión, sen deixar de selo, pode ser a oportunidade, en palabras de San Bernardo –de atopar o corazón do outro no meu propio corazón– é dicir, de estreitar un vínculo por vía da compaixón. Só quen coñece o seu mundo ferido pode achegarse compasivamente ao outro, igualmente ferido. A fraternidade é sempre un encontro entre pobres. Só desde a pobreza, podemos experimentar o que é ser irmáns.

O segredo para non deixar endurecer o corazón é manterse en contacto coa súa vulnerabilidade, é aproveitalo todo como un combustible para o seu traballo interior, para gañar o gusto de habitar consigo mesmo, descubrindo en si unha forza amorosa que o reconcilia todo. A reconciliación non é un pacto entre persoas, feito de esixencias mutuas, senón que é o compartir dun don que nos é ofrecido no silencio do corazón, pura graza, onde non hai vencedores nin vencidos. Etimoloxicamente, ser vulnerable é poder ser ferido, estar en situación de ser ferido. Sorprendentemente, este é o único lugar da salvación, porque só quen pode ser ferido pode ser amado e amar. «Non endurezades o voso corazón».

4 comentarios en “Non endurezades o voso corazón

  1. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “”… porque donde dos o tres están reunidos en mi nombre, allí estoy yo en medio de ellos… “”. Somos habitados por Dios individual y personalmente. Nuestras relaciones se imprimen de certeza cuando somos conscientes de esta realidad… cuando dejamos espacios y tiempos para los otros, sabiendo que nuestra cerrazón solo conduce al malestar propio y distante, aunque creamos poseer la verdad en exclusiva. La obra maravillosa por excelencia De Dios es, sin duda, el Corazón humano. En él, el Universo visible e invisible son. Dios se hace Presencia en él. Pero, por diversas circunstancias el hombre lo olvida… no posee ni tiene el Recuerdo De Dios, y se aleja, no retorna a Él. El hombre deja de peticionar el “” …hágase tu Voluntad… “”. Se aliena, “ “ se hiere su propio ser “” y deja de estar en comunión con lo Absoluto, con el Otro, con sus Hermanos. Todo se trastoca en sufrimiento…todo se torna irrealidades que nos llevan a no percibir la Alegría del Espíritu. No obstante, Este ESPÍRITU VIENE EN NUESTRA AYUDA A TRAVÉS DE LA PALABRA. Las Palabras De Dios son Espadas Incandescendes que, como ascuas, penetran en todo nuestro ser y cauterizan “ nuestras lesiones “, que dejan al descubierto nuestras lagunas de nieblas, que clarean con su humo los vapores de la incertidumbre. Lejos de idealismos piadosos, acerquémonos a la Realidad De Dios a través de los demás. Dejémonos invadir por el Amor Fraterno que conduce a que Jesucristo se haga entre nosotros. Ese Jesús que inicia todos nuestros caminos, y que solo nos pide que “” nos neguemos a nosotros mismos, tomemos nuestra propia cruz y que le sigamos… “”… con Libertad, Alegría y Confianza.

  2. Beatriz dijo:

    Muchas gracias por tan emotiva reflexión. !
    Hay miradas intensas, ojos que ríen y lloran a la vez, miradas que suavizan tus propias llagas. Es preferible hurgar a huir.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.