Ide ás encrucilladas dos camiños

Obra de Silvidal Fila

Texto en castellano

«Ide ás encrucilladas dos camiños; e a cantos atopedes, convidádeos a voda».

¿Por que Xesús de Nazaré tiña a manía de provocar o orde establecido? Para a voda do fillo dun rei é inimaxinable outro tipo de invitados que os cortesáns e a xente importante e principal. Parecía que o fillo do rei está a facer unha mala voda. Polo que se ve, a noiva non era do agrado dos convidados. O caso é que aquilo provocaba hilaridade, riso e desprezo por parte dos convidados.

Todo está preparado para a festa: as lámpadas acendidas, as flores e as grilandas, o suave recendo dos saumerios. Todo. Pero falta o principal: os convidados. Onde están os vellos amigos, os elixidos de sempre, os parentes, nin tan sequera acércanse os vellos e eternos aduladores. ¿Onde están os que se consideraban os grandes sacerdotes, os gardas da Lei, os inflexibles moralistas, os apergamiñados teólogos? Ninguén quere saber nada desa voda.

E Deus quedou só co seu banquete. Os convidados déronlle as costas. Pero a festa ten que seguir, ese amor desbordante vai a chegar a outros lugares insospeitados.

«Ide ás encrucilladas dos camiños; e a cantos atopedes convidádeos a voda».

As encrucilladas dos camiños, fora da cidade, do seu recinto, onde Deus sigue crucificado na humanidade rexeitada. As encrucilladas dos camiños son os lugares da desesperanza e da desorientación, da perda da fe en Deus, da sociedade e da vida. A elas son tirados os Mateos, os Zaqueos, os Bartimeos, as Madalenas; os adúlteros, os cegos e os coxos, os mudos e os enfermos. Mozos sen futuro, migrantes e desprazados. Milleiros e milleiros de persoas sen rumbo, crucificados na desesperanza, mortos pola codicia e explotacións dos grandes. Aplastados por fundamentalismos relixiosos que fan dos libros sagrados unha autoridade incuestionable. Por dogmatismos que conxelan as relixións e  non as deixan ser fonte de vida.

As encrucilladas dos camiños onde os homes e as mulleres de tódolos tempos van desorientados e facendo unha vida paralela  a que se lles quere impoñer en nome dunha divindade na que deixaron de crer porque nos os deixaba ser felices. Estes homes e mulleres crucificados nas encrucilladas carecen de identidade confesional. ¿Que poden esperar dos que se din representantes de Deus? Eles viven a súa vida como poden ou como os deixan. Son felices e desgraciados ó mesmo tempo. Mortos de fame e de miseria aínda quédalles un anaco de ilusión  para bailar e cantar e desfrutar no seus corpos dos praceres que a súa pobre vida lles ofrece. ¿Que isto é pecado, señores da relixión? Nós non cremos nos vosos deuses. Nosa vida é a fame sinistra, a morte prematura, as enfermidades crónicas, a falta de traballo, a bota aplastante dos ricos e as monsergas dos cregos que non nos queren deixar desfrutar do pouco que nos queda porque din que é pecado. Se os vosos deuses non nos quere como somos váianse a paseo con eles e cos vosos libros sagrados. Nós, nos quedamos nas encrucilladas dos camiños agardando non sabemos que… cas nosas mans e pes cravados, cos nosos costados feridos.

Entón oíuse unha música. E brillou unha luz branca. E descraváronse  as mans e os pes e cicatrizáronse as feridas dos costados. E no aire perfumado xuguetonas volvoretas con cores de festa mesturábanse cos paxaros que estaban tolos de alegría e no seu voo de ondulantes cadencias formaron unha frase no ceo que todos podían ler: «Vinde ó banquete de vodas». E as bágoas e as penas, e as dúbidas, os medos e as desesperanzas e o sangue reseca de tantas feridas se converteron en ricos traxes de festa, en pedras preciosas e en perlas finas que adornaban o corpo dos homes e das mulleres, dos mozos e dos nenos das encrucilladas. Todos estaban sorprendidos, eternamente sorprendidos pola gratuidade de un Deus que non coñecían, polo seu amor desbordante que os acompañaba nas súas longas vidas de traballos, de loitas de alegrías e penas.

E a sala do banquete encheuse de comensais que non aturaban a comprender o que lles acababa de acontecer. ¿Como podía Deus darlles a eles toda a súa gracia, toda a súa bondade, toda a súa gratuidade e amor?

E chegou o Rei e o seu Fillo, pero, ¿e a noiva? Todos a buscaban cos seus ollos e non a atopaban. Ata que un preguntou: Señor, ¿e a noiva? E dixo o Rei: vos sóde-la noiva. Vos, os que estabades perdidos nas encrucilladas da vida. Vos, os rexeitados polos que usurpaban o meu lugar nas vosas vidas. Vos, ós que ataban pesados fardos nas costas sóde-lo gozo do voso Señor. Eu vos desposo co meu Fillo para sempre. Vos desposo con aprezo de xustiza e de dereito, de bondade e de misericordia. Todo o que vos negaron os falsos servidores dóuvolo eu para sempre, para que vivades no gozo eterno do voso Señor.

5 comentarios en “Ide ás encrucilladas dos camiños

  1. Pedro Garciarias dijo:

    ¡fantástico!, muy adecuada la imagen de Sila, que el Señor nos siga desposando en amor y compasión, ¡y que nos dejemos desposar con ese traje de fiesta!, mil gracias.

  2. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “” … Los criados salieron a los caminos y reunieron a todos los que encontraron, malos y buenos. La sala del banquete se llenó de comensales… “”. … “” … Porque muchos son los llamados, pero pocos los elegidos… “”.. dejémonos llamar…sigamos en el Camino de la Vida, con nuestras imperfecciones, con nuestras debilidades y esperemos la Salvación del Señor. Uno de los avatares más difíciles de comprender y admitir es “ reconocernos pobres y sin fuerzas “. Esto es el paso previo para ser admitidos al Banquete del Amor del Señor. Nosotros poco podemos hacer, sino tener la Esperanza puesta en ese Dios que sabe de nuestra fragilidad de criaturas de barro, de nada más que ansiamos contemplar el Rostro De Dios en una eternidad que ya está aquí.. “” … no pido nada, no quiero nada, no deseo nada, no anhelo nada, sino lo que anhelas tú. … No temo a nadie, no sirvo a nadie, no sigo a nadie, no descanso en nadie, sino en ti… “”.. No sigamos nada ni a nadie. Descansemos en Dios Padre… Ese que sabe de nuestras cuitas, a quien confiamos todo, en todas nuestras encrucijadas… sepamos que Él siempre está a nuestro lado. No nos cansemos, una y otra vez, de confiarle todo, de pedirle todo, de transformarnos en Oblación Perfecta por la Gracia de Su Eterno Amor. Seamos fieles en la Caridad con el resto de los comensales invitados al banquete. No olvidemos actuar con todas nuestras fuerzas en proclamar el Reino De Dios y, jamás, perder en nuestras actuaciones “” ese olor a Evangelio “”.. QuéLa Virgen María nos ilumine el Corazón y nos anime a seguir, hasta el final, a Cristo Resucitado.. Qué El Espíritu Santo nos lleve a comprender con entusiasmo que nada más vale que aquello que es sencillo y humilde en nuestras actuaciones. Sentémonos en la mesa del banquete con Alegría, si es que somos llamados y no renunciemos a la filiación con el Dios Eterno.

  3. Beatriz dijo:

    Muchas gracias. Muy bien, nada de ensoñaciones ni estados de embriaguez ilusorios, al contrario, ser realistas, pisar tierra.
    Son personas con heridas muy graves. Desamparados. La iglesia no los ignora y prueba de ello es que hay personas que han ofrecido su vida a Dios como oblación por la humanidad herida , laic@s muy comprometidos con Jesucristo y el evangelio , también personas de otras confesiones, personas que sin ser creyentes tienen un buen corazón…
    El Señor escucha y seguirá escuchando el grito de ellos y el nuestro. Lo hará. No puede dejar de hacerlo y lo sabemos.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.