
Lo profundo es el aire | Eduardo Chillida | 2002
Falando Xesús á xente e aos seus discípulos (Mt 23,1-12) dicíalles que aos escribas e aos fariseos gústanlles os primeiros postos nos banquetes e os asentos de honra nas sinagogas, que lles fagan reverencias nas prazas e que a xente os chame mestres. Cando lemos o evanxeo, acotío non nos identificamos cos escribas e os fariseos, e iso xa é sinal de que eles son un bo espello onde nós non queremos mirarnos. Os escribas, os fariseos e os doutores da Lei, están no evanxeo para lembrarnos que o home vello non está definitivamente morto en nós e que o home novo é un milagre da graza que só podemos recibir cando recoñecemos que no noso corazón permanecen demasiadas cousas vellas.
Fai unhas semanas atopeime cun texto de Thomas Merton que me resulta moi iluminador:
Se fósemos realmente humildes, saberiamos ata que punto somos mentireiros! Ensíname a soportar unha humildade que me amose, sen cesar, que son un mentireiro e un comediante… a nosa humildade consiste en ser fachendoso e sabelo, e en estar atafegados polo insoportable peso diso, e poder facer tan pouco para remedialo. (…) A verdadeira humildade é, en certo xeito, unha desesperación moi real, a desesperación de min mesmo, a fin de poder depositar toda a miña esperanza en Ti.
Xesús segue dicindo á xente e aos seus discípulos: «Vós, en troques, non vos fagades chamar mestre, porque só un é o voso mestre e vós sodes todos irmáns». O home vello, o fariseo que levamos dentro, non ten irmáns, só ten aliados e contrincantes, os que están comigo e os que están contra min, os meus e os demais. O home vello é aquel que ocupa o centro e faise a si mesmo o criterio da verdade. O home vello vive na superficie da dualidade e da división, proxectando sobre o mundo a guerra que leva dentro. Aquí nacen todas as guerras, as pequenas e as grandes. O fenómeno é o mesmo, só a escala é distinta.
O home novo é aquel que comeza por recoñecer que, cando di que Xesús é o seu mestre e cando chama aos demais os seus irmáns, é un mentireiro e un comediante. Só podemos nacer de novo, nacer do Espírito, cando recoñecemos a nosa división interna, a nosa mentira. O home novo non vive apoiado na súa suposta virtude, en troques, espeta as súas raíces no desamparo que experimenta ao confrontarse cos desexos contraditorios que o habitan, espeta as súas raíces na imposibilidade de salvarse a si mesmo. O home novo é aquel que se deixa abrazar por Deus cando se sente humillado pola súa propia mentira.
O home novo é un orante, porque cando se confronta co seu nada, o berro que lle sae da alma rompe coa súa autosuficiencia. O home novo é un discípulo porque foi atopado cando andaba descamiñado, deambulando na soidade ruda dos seus propios proxectos, e o Bo Pastor fíxose o seu compañeiro de camiño. O home novo é un irmán porque aprendeu a ver detrás da armazón da súa falsa autoimaxe o medo que leva dentro, e non só o medo, máis tamén o neno libre e espontáneo que xogaba na rúa cos seus compañeiros ata o solpor e, no centro mesmo do seu ser, debuxado nas súas entrañas, o rostro do máis belo dos homes, en cuxos beizos se derrama a graza. O home novo é un irmán porque aprendeu a ver no seu corazón, pola experiencia da compaixón, a beleza e a inocencia de cada ser humano.
O salmo 130, que a liturxia deste domingo nos ofrece, nós, os monxes, sabémolo de memoria e creo que non é só porque non é longo. Rezámolo como terra reseca devecendo polas augas frescas e sempre novas da graza.
O meu corazón, Señor, non é soberbio
nin os meus ollos altivos;
non persigo grandeza
nin marabillas que me exceden.
Eu acalento e acalo a miña ansia,
como un meniño no colo da súa nai.
Espera, Israel, no Señor,
dende agora e para sempre.
Gracias
Muchas gracias por estas palabras.
“La misericordia del Señor no se extingue ni se agota su compasión; ellas se renuevan cada mañana, ¡ qué grande es tu fidelidad!
Es bueno esperar en silencio la salvación que viene del Señor. Lam 3, 22-23,26 .
A veces es muy difícil expresar emociones cuando se refieren a Jesucristo.
«Desesperación de min mesmo, a fin de poder depositar toda a miña esperanza en Ti.» Graciñas!.
Aprender de Cristo…de sus enseñanzas, despojándonos de nuestra vida anterior… “” renovando nuestra mente espiritual y revistiéndonos del Hombre Nuevo , creado según Dios, que se manifiesta en una vida justa y en la verdad santa “”. Es necesario continuar en la vida de la liberación del espíritu personal, no dejar que nuestros antiguos condicionantes primen en nuestras actuaciones. Y todo ello se consigue adhiriéndonos a la vida, a la verdad de Cristo… “” … venid a mi todos los que estéis fatigados y sobrecargados , y yo os proporcionaré descanso. …aprended de mi , que soy manso y humilde de corazón…””. Todo esto nos lleva a una actitud cierta. La mansedumbre, la humildad… han de ser monedas de cambio en nuestras relaciones con los demás. Es la manera de relacionarnos con Dios, que habita en nosotros, donde no nos podemos engañar, donde además de una aptitud de abajamiento está la actitud de ofrecer todo nuestro ser ante la Misericordia del Señor. Porque cada uno de nosotros no es más que insignificancia y debilidad a los ojos del Creador que aún nos ama como somos. .. “” … Así que, como elegidos De Dios, santos y amados, revestíos de entrañas de Misericordia , de bondad, humildad, mansedumbre, y paciencia., soportándoos unos a otros y perdonándoos mutuamente… Como el Señor os perdonó , perdonaos también vosotros…y por encima de todo revestíos del amor….Qué La Paz de Cristo reine en vuestros corazones… “”. Al final se trata de un intento y consecuencia en alcanzar el Amor a Dios y a las personas a través de una actitud de Paz y humildad en la renovación y conversión en nuestros corazones.