Deus sempre connosco

Anunciación (det.) | Pintado por Xaime Lamas, monje de sobrado

Texto en castellano

«¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos bendiciuno ceo con toda clase de bendicións no Espírito! Porque  nos acolleu antes da formación do mundo para que fósemos santos e sen mancha perante El polo amor». (Ef 1,3-4)

É bo agradecer a Deus seu amor que constantemente nos sanda das nosas debilidades. No seu corazón de Pai somos santos e sen mancha, fillos benqueridos, alegría dos seus ollos e do seu corazón.

Ninguén nace enfermo nin en pecado. ¿Acaso pode saír algo malo ou impuro do corazón de Deus? A historia nos fala da degradación do ser humano como froito amargo da desobediencia, da soberbia, de querer ser igual a Deus no coñecemento, en querer toca-lo ceo coa obra das súas mans. Cando o home desterrou a Deus da súa vida, a desolación e a desesperanza cubriron a terra coma unha noite pecha e espesa. Do xardín das delicias e da harmonía pasamos a unha terra erma e chea de conflitos. Unha historia de guerras e de odios cainitas parece que nos persigue. Pero no medio de tanta cegueira, Deus non esquece os seus fillos e vai poñendo puntos de luz ó longo do camiño da historia preñada de longas noites pechas e de friaxe invernal. Endexamais Deus permitiu que agonizase no corazón da humanidade a esperanza de ollar un novo día radiante de luz.

O Deus connosco, o Enmanuel das promesas se nos anuncia para, coma o Bo Samaritano, sande o ser humano caído e ferido polos ladróns da dignidade dos fillos amados de Deus. Se o núcleo mesmo está manchado, ferido, a figura de María na nosa historia da salvación como criatura Inmaculada, nos está revelando a decisión de Deus de facer todo novo desde a raíz. A nova creación se nos anuncia nunha criatura humana que vai a responder  ó proxecto de Deus con un SÍ cheo de fe e esperanza en Aquel que lle pide humildemente permiso para realiza-lo milagre da vida na Encarnación do Verbo no seu seo.

Ler na solemnidade da Inmaculada o relato da anunciación de San Lucas nos está indicando que os pasos de Deus na historia non comezan nin rematan nos templos. As diferencias dos relatos da anunciación de Xoán Bautista e de Xesús son ben patentes e ben postas para  nosa compresión de que para Deus non existe o sagrado e o profano. E teñen que seguir sendo na historia dos crentes ese espazo que  nos axuda a decatarnos de que o único lugar santo e sagrado capaz de concibir a Deus é o interior do ser humano. As pedras non conciben, e na historia das relixións, desgraciadamente, hai pedras dabondo. E unha vez mais a gloria de Deus abandona o templo feito por mans humanas e se instala nun lugar profano e contaminado ós ollos dos homes relixiosos de Xerusalén, pero ós ollos de Deus, digno da súa bendición, onde radica o Tabernáculo da Nova Alianza, a muller que abre as portas da súa vida ó don de Deus. San Lucas nos di con claridade que Deus faise carne, non para permanecer nos templos, senón para poñe-la súa  morada entre os homes e comparti-la súa vida.

O relato da Anunciación ten a mesma forza e o mesmo mensaxe cas Benaventuranzas de San Mateo. Alégrate, é coma un río de augas desbordantes que non nos afogan, senón que fertilizan nosa esterilidade. Cristo é concibido na nosa carne na alegría de Deus. Todos estamos capacitados para concibir e dar a luz a Deus: «Que se faga en min coma unha encarnación do Verbo», dicía Isabel da Trindade. E San Bernardo nos di: «Nos din as Escrituras que uns escoitaron a Palabra, outros a proclamaron e outros a cumpriron; pero eu che pido que se faga no meu ventre segundo a túa Palabra. E non quero que se faga en min coma un soño imaxinario, senón coma unha inspiración silenciosa, coma unha encarnación persoal posuída corporalmente nas miñas entrañas».

Ó longo da Escritura vemos como Israel tiña conciencia de que Deus estaba con el. Pero era un Deus que infundía mais temor que amor. Era o Deus do Sinaí. A María se lle anuncia a presencia santa que está e mora nela: «O Señor está contigo». E, a alegría que se anuncia, é unha alegría que nace da fe e da confianza de que Deus  nos acompaña, está sempre da nosa parte e busca o noso ben. Non estamos sos, dentro de nós está o Facedor da vida, o que nos enche da súa gracia, o que nos recoñece santos e inmaculados polo amor.

A Virxe Inmaculada é modelo da Igrexa, tal como a proclama o Concilio. É a que nos ensina a alegría de abri-las portas ó milagre da vida. Ela é a muller crente que faise nai e irmá dos desherdados da historia, a que nos di que a alegría verdadeira é posible  no corazón do que anceia e busca a paz, a liberdade e a fraternidade para todos. María, a Virxe Inmaculada, alégrase en Deus porque ven a consuma-la esperanza de tódolos que anceian cos ceos se rachen e veña o Salvador.

4 comentarios en “Deus sempre connosco

  1. pedro garciarias dijo:

    Mil gracias, esta mañana he rezado por todos vosotros tan cerca del Corazón de María o en su mismo Corazón, seguro. El icono de Xaime, magnífico.

  2. Beatriz dijo:

    Muchas gracias. Muy ilustrativa y sugerente esta reflexión.
    María es la Estrella – S. Bernardo – , la Luz que ilumina nuestras noches más negras que un tizón.
    María es la Rosa Mística que Dante Alighieri , para poder contemplar en el empíreo del cielo, antes tuvo que bajar a los infiernos.
    María es la llena de Gracia, la que concibió en su seno y en su Ser al Hijo de Dios.
    María es el Secreto mejor guardado de su Hijo.

  3. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “” …hágase en mí según tu Palabra…””. María se ofrece a Dios enteramente libre. Se olvida de sí misma. Entiende que ella es “ pieza clave “ en la Salvación del género humano. Y lo hace con sensatez, sencillez y humildad. Acoge la Palabra De Dios en su hermoso e inmaculado Corazón. Sus entrañas se llenan de Luz…de esa Luz divina que con un abrazo inunda todo lo que ilumina. Hoy más que nunca deseamos que Dios esté con nosotros…en nosotros. Dios es pura entraña y habita al ser humano. A pesar de nuestras miserias, de nuestras debilidades…Dios nos quiere. Desea nuestra felicidad. No hay ningún tipo de maldad en el Corazón Blanco De Dios.. Dios elige a María. María es nuestra Madre y, en Silencio, se entrega con pureza a su única pasión: adorar y acercar a su Hijo Jesús a cada persona. Acercarlo para que sintamos que Dios está con nosotros. Qué no nos deja ningún instante. María es prudencia. María es ternura apreciada …sentida como propia. Dios nos la muestra. Quiere que la amemos como Él la ama. Qué la infinita Misericordia de nuestro Dios nos haga decir un Sí como el de María en lo infinito de esta Vida.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.