Unha nenez sen idade aínda por vivir

Le Pont des Arts | Fotografía de Édouard Boubat | Paris 1956

Texto en castellano

«O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; convertédevos e crede na Boa Nova» (Mc 1, 15).

«O reino de Deus parécese a un home que bota semente na terra. El dorme de noite e levántase de mañá; a semente agroma e vai medrando, sen que el saiba como. A terra vai dando froito soa: primeiro os talos, logo a espiga, despois o gran» (Mc 4, 26-28).

O Reino de Deus non é obra das nosas mans. Necesitamos dunha mirada contemplativa para descubrir a presenza fecunda de Deus na nosa historia persoal e na historia do mundo. Son consciente de que parece unha tolemia afirmar isto diante das novas que nos chegan todos os días de diversos lugares do mundo.

Cambiar a mirada – é o que significa na súa orixe a palabra conversión: cambio de mirada, de mentalidade -. Cantas veces non sentimos unha profunda e serena ledicia porque a algo que nos producía sufrimento lle atopamos un senso, lémolo doutro xeito; atopamos vida onde antes só viamos morte. A realidade non mudou, o que si mudou foi a nosa mirada. O Espírito non para de traballar no corazón humano: «O agricultor dorme de noite e levántase de mañá, a semente xermola e vai medrando, sen que el saiba como». O Reino de Deus está preto.

Cando, diante dos acontecementos, poñemos a nosa confianza nos nosos criterios, nas nosas deducións lóxicas, non facemos nada máis que dar voltas ao redor dunha pequena gaiola. Seguimos loitando, pero non hai saída. Viramos sobre nós mesmos. Iso é o inferno. En troques, cando somos conscientes da nosa mendicidade diante da verdade e da nosa incapacidade para liberarnos, creamos entón en nós espazo e apertura para unha visitación. Visitados por unha palabra, visitados pola presenza dun irmán, visitados polo amor non amado que levamos dentro. O Espírito non para de traballar no noso corazón. O Reino de Deus está preto.

O Reino de Deus –utilizando a imaxe do libro da Apocalipse– é como alguén que está batendo na porta; se abrimos, el entrará e ceará connosco. En cada circunstancia do noso vivir, sempre se nos está batendo na porta. Non fagamos inventarios de cousas boas e cousas malas. Clasificar é propio da mente, sempre escrava do medo e a xogar á defensiva. Acoller, aceptar sen condicións, deixarse visitar, é propio de quen asume a vida como discípulo. E o discípulo sabe que o Reino de Deus vén ao noso corazón polo vieiro das perdas. Sen perda non hai encontro. O discípulo perde todos os días e aí atopa a súa ledicia.

Simón e Andrés, Santiago e Xoán deixaron de inmediato as redes e seguírono. De inmediato é o tempo da graza, da confianza e da ledicia na perda. Arrastrarse interminablemente matinando é o tempo do padecemento e da desdita.

Todos temos experiencia da dureza do noso corazón e das súas resistencias para acoller a boa noticia de Xesús. Pero tamén temos experiencia de que El non se cansa de chamar na nosa porta e de espertar o corazón de neno que levamos dentro. Só os nenos teñen ollos e corazón para o Reino de Deus. Todos nós temos unha nenez sen idade aínda por vivir. O Reino de Deus está preto.

6 comentarios en “Unha nenez sen idade aínda por vivir

  1. Pedro Garciarias dijo:

    Hermosas realidades muy bien expuestas, ¡cuánto me gusta escuchar eso de «sin que él sepa cómo…»! Y LO DE LAS PÉRDIDAS…que uno a veces ni busca ni quiere y aparecen desmontando todo,todo. Muy oportuna la mención que nos hacéis.Gracias a Dios y a Su Espíritu, Sobrado nos sigue escribiendo. Gran abrazo muy fraterno…aunque yo no sepa cómo lo lleva a término el Espíritu, espero que llegue. Amén.

  2. Beatriz dijo:

    Gracias !!
    Jesús, con simplicidad, sin retahílas, dice que la Buena nueva es Él y que creamos en Él. Es lo que viene a decir en Mc 1.15 .
    Vamos con “Jesús bordeando el mar de Galilea”, Mc 1.16 . Galilea de los gentiles. Inmortalizamos esta escena en nuestra alma.

  3. Luis Martinez Sanchez dijo:

    … Vivir el Reino…vivir en el Reino… Acontecer de la Vida en cada instante. No dejar las atenciones para más tarde. Crecer con el momento, con el Sol que nace para buenos y no tan buenos… Tener una mirada de dicha en la historia personal, en la memoria de los hermanos. Crear Caridad para que el grano sea fecundo, sin saber cómo se realiza, cuándo va creciendo los tallos…quizá salgan brotes nuevos ?. Solo quien es sujeto de la Presencia De Dios sabe de su pequeñez…sabe de lo poco que es, de lo insignificante de su existencia. Dios se hace presencia en los hombres, hace presente su Reino en los corazones humanos para extender su misericordioso Amor, para que Todos nos aunemos en ese Uno, en ese Eterno Don que se nos procura. Para que tengamos conciencia de ese más Grande Corazón donde entramos todas las personas arropadas por las Manos del Espíritu De Dios. Qué nadie de nosotros olvide que formamos un Pueblo necesitado del Amor Divino y que nuestro sino es exclamar lo a los cuatro vientos… Dios hace maravillas con sus hijos a través de Su Único Hijo Jesucristo.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.