Escoitádeo!

Transfiguración | Xaime Lamas, monje de Sobrasdo

Transfiguración | Xaime Lamas, monje de Sobrado

Texto en castellano

Sabemos que na sagrada Escritura as montañas eran lugares privilexiados da manifestación de Deus o seu pobo. As grandes teofanías do Sinaí están presentes na vida de Israel. O Novo Testamento nos amosa catro montes que foron moi importantes na vida de Xesús de Nazaré e que continúan sendo referencia para os cristiáns porque cada un deles nos amosan os distintos pasos que Xesús foi dando ó longo da súa vida.

Cada monte é un paso par o seguinte. A opción e a determinación que Xesús fai en cada un prepárano para unha nova subida ou escalada, e sempre pasando (e isto e moi importante) polo chan. Sempre hai que baixar do monte, baixar a onde está a vida pola que corre o río da humanidade, río manso e tamén turbulento, de augas limpas e contaminadas, de odios e de amores, de esperanzas e desilusións, porque no río da vida todo vai mesturado coma o trigo e o xoio nas leiras. Aí nos quere Xesús e por iso é moi necesario descubrir eses montes que nos va a marca-lo camiño a seguir.

O monte da Tentación é a síntese dos pasos que puideron ser equivocados na vida de Xesús e que tamén poden se-los nosos. Xesús renuncia a un mesianismo que lle daría poder e prestixio ante o pobo para facerse servidor e obediente a vontade do Pai. A partir dese momento puido comezar a anuncia-lo Reino de Deus.

O monte da Benaventuranzas é a resposta de Xesús a súa comunidade dun proxecto de vida que, tomado en serio, trocaría o modo de ser do mundo. Ler o sermón do monte nos enche de ilusión, outra cousa é facelo carne da nosa carne, vida da nosa vida. Este sermón é o maior exame de conciencia da comunidade cristiá. Gracias a Deus, mesmo nos peores momentos da historia da Igrexa sempre houbo homes e mulleres que vivían a cara descuberta esta espiritualidade encarnada na vida e no servizo dos seus irmáns e irmás.

A montaña da Transfiguración é algo marabilloso nas nosas vidas, é dito así con toda a verdade do corazón. É o selo de Deus para todo compromiso cristiá vivido ata as derradeiras consecuencias. Por isto ten un prezo, o mesmo que tivo que pagar Xesús de Nazaré.

Xesús, subindo a montaña de transfiguración, é o que camiñou na fidelidade absoluta, o que pasou polo mundo facendo o ben. Deu vista ós cegos, fala os mudos, vigor ás pernas dos coxos, pan ós famentos, vida ós mortos… El fíxose amigo e irmán dos pecadores e marxinados amosándolles coa súa acollida que Deus estaba a favor deles, que non os rexeitaba.

E, o paradoxo, é que, este Xesús que volcou a súa vida en favor do pobo sube a montaña co sabor amargo de fracaso, consciente de que o cerco de violencia péchase en torno a el, sabedor que os inimigos de toda xustiza e liberdade, os eternos fillos do pai de toda mentira vano matar. Podemos pensar que Xesús sube ó monte na mesma noite pecha con que Abraham subía ó monte Moria para sacrifica-lo seu fillo Isaac? Coido que si, incluso podemos senti-los latidos do seu corazón na súa subida recitando aqueles versículos do segundo cántico do Servo: «Cansei en balde, consumín a miña forza para nada. En verdade que Deus ocúpase da miña causa e do meu traballo?» E o Pai dálle a resposta identificándose con este Fillo fracasado, asumindo a súa vida, selándoa co seu amor, transfigurándoo no se medo de home, animándoo no ascenso do derradeiro monte. O Tabor e o Calvario están unidos pola aceptación e pola consumación do amor. Xesús subiu ó monte interrogándose  sobre si Deus ocupábase da súa causa, agora o baixa con outros versos no corazón:  «Serei glorificado coa presencia do Señor, e o meu Deus será a miña forza.»

Non é momento de planta-las tendas. Esas palabras do Pai:  ESCOITÁDEO! Van dirixidas a todos nós porque temos de coidar nas nosas comunidades cristiás a escoita fiel a Xesús. Escoitalo a El nos pode curar de cegueiras seculares, nos pode liberar de desacougos e covardías case inevitables, pode infundir novo vigor a nosa fe. Vigor para seren mais pretos dos problemas e angustias das xentes. Non hai nada que lles chegue tanto as persoas coma a cercanía e a comuñón cos seus sufrimentos.

ESCOITÁDEO! Poñer por obra súa vida e a súa causa achegándonos ós seus, ós que El amou tanto, ata o extremo. E subiu o cuarto monte onde cobran sentido tódolos martirios, tódalas bagoas derramadas, tódolos suores, tódalas causas pola xustiza, onde tódalas mortes cobran vida na súa morte. Alí todos nos facemos irmáns redimidos polo único Señor das nosas vidas.

5 comentarios en “Escoitádeo!

  1. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “”… Señor, ¿quién puede hospedarse en tu tienda y habitar en tu monte santo?… “” ( Salmo 14 )… Aspiramos a un encuentro continuo con el Señor. A vivir en la Presencia De Dios. Lejos de normas preestablecidas en cánones, una de las cuestiones que se nos pide como norma es la Caridad, el Amor a Dios y a nuestros hermanos. Pasamos por muchas pruebas en nuestras vidas…a veces, a lo largo en el mismo día… Volvamos a lo que Jesús nos enseña…una vida de oración, una vida de entrega donde Él se muestra transfigurado. Nuestras heridas de corazón son transfiguradas, aliviadas y curadas, por el bálsamo del Amor de Jesús. Él es el que va más allá de todo, sabiendo lo que nos conviene…a veces no encontramos las respuestas inmediatamente, pero: “” …dichosos los limpios de corazón porque ellos verán a Dios…”” ( Mateo 5, 8 ). Jesús nunca nos olvida…Jamás se aleja de las personas porque habita en ellas y sabe cuándo es necesaria acompasar su entrega , hasta en el Calvario, para que cada cual se dé cuenta de las sendas que tiene que tomar. Nadie se le perderá ( Juan 17 ), porque es el Único Pastor que no abandona a sus ovejas… Pastor bueno en los peligros de la Vida ( Salmo 22 ).

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.