
Atravesan o evanxeo de hoxe a morte, a vida e a amizade. Achégase a Pascua! A amizade, que é unha das manifestacións máis fermosas do amor, preséntase como unha ponte que guía da morte á vida. «Lázaro, ven para fóra!» – berrou Xesús con voz potente. Aquel que antes se botara a chorar e estaba profundamente conmovido coa morte do seu amigo, agora berra como quen lle fai fronte á forza dun rival: «Ven para fóra!». Un amigo sempre está ao noso lado loitando pola vida.
Vir para fóra é o movemento característico da natureza na primavera. Sintonizamos facilmente coa primavera, porque tamén nós, como toda a natureza, estamos feitos para nacer de novo. É verdade que a primavera contén en si unha ambivalencia: sedúcenos a vida que brota con tanta exuberancia, pero, por contraste, tamén pode entristecernos ou mesmo deprimirnos, por sentir que nos falta persoalmente esa enerxía para saír fóra, coma se resignadamente xa non crésemos que nada de novo ou de bo nos puidese traer a vida. Se nos encandea a vida, a pulsión de morte tamén ten sobre nós un efecto sedutor, e pode manifestarse como unha especie de autocompracencia destrutiva. Mais esta actitude unicamente esconde un desexo profundo de vivir.
Quen pode espertarnos do soño da morte? A voz dun amigo ten a capacidade de romper coa incomunicación característica da morte, porque a voz dun amigo penetra máis fondo e pode ser escoitada no lugar virxinal que existe no corazón humano, un lugar pleno de hospitalidade e de confianza. Só aqueles que nos aman de verdade son capaces de tocar a nosa verdadeira intimidade, alcanzar o noso eu máis íntimo, máis alá da nosa pel, dos nosos medos defensivos e das nosas resistentes caretas. Diante deles ousamos desvelarnos, facernos vulnerables, sen sentirnos ameazados. A amizade é un espazo sagrado onde só podemos entrar descalzos.
Elredo de Rieval, un dos padres cistercienses do século XII, di que «a amizade é… a patria dos desterrados, a sorte dos pobres, a menciña dos enfermos, a vida dos mortos… a forza dos débiles». E segue dicindo: «Pero hai algo máis que supera a todo isto: a amizade é un chanzo próximo á perfección, que consiste no coñecemento e o amor a Deus. O home, amigo doutro home, faise amigo de Deus». Para Elredo a amizade non é simplemente un instrumento ou unha mediación entre Deus e o home. A amizade é o lugar do encontro entre o humano e o divino. O amigo é sacramento: reflexo, vieiro e testemuña do amor de Deus.
Se tivésemos que resumir a natureza da amizade, poderiamos dicir: un amigo é alguén que foi capaz, aínda que fora por un momento curto, de mirar a fondura da nosa alma e despois carrear consigo ese segredo, da forma máis gratuíta e construtiva. Todo cambia na vida cando estamos seguros de que hai unha mirada bondadosa que nos sostén. Pode ser unha mirada discreta e sutil, como tantas veces é a linguaxe da amizade, pero sabemos que non nos abandona.
«Mestre, aínda non hai nada que te querían apedrar os xudeus e vas ir alí outra vez?» (…) «Lázaro, o noso amigo, dorme; pero eu vouno espertar.»
Cando sabemos que hai alguén que non nos abandona, pase o que pase, e mesmo se arrisca por nós, xamais nos resignaremos á forza da morte.
Camiñar cara a Deus (cara á Pascua) faise obrigatoriamente e sen desvíos a través do humano, mediante o complexo tecido de relacións, do amor compartido e ofrecido, por medio dos lazos e nós humanos. Canto máis nos expoñemos á vulnerabilidade propia dunha relación humana, tanto máis estaremos abertos para recibir a graza da Pascua.
«Desatádeo e deixádeo ir» – a palabra liberadora dun amigo sempre é un acontecemento pascual.
Gracias
“”… Todo el que beba de esta agua volverá a tener sed; pero el que beba del agua que yo le dé no tendrá sed jamás, pues el agua que yo le dé se convertirá en él en fuente de agua que brota para la vida eterna… ( Juan 4, 13-14 ) “”. Jesús nos ofrece el Agua que calma la sed de las personas. Ese agua es elemento para alcanzar la Vida Eterna… el Agua es el Amor De Dios. Por eso, Jesús se hace Amor y se manifiesta como Amigo incondicional de todas las personas. Jesús viene a liberar, a enseñarnos cómo afrontar nuestras vidas y sufrimientos, cómo arriesgarse a compartir nuestra existencia sin tener nada… con la confianza puesta en Dios. Jesús Hombre tiene emociones y sentimientos… y se alegra…y llora por cada uno de nosotros para que estemos atentos y vigilantes ante los avatares que nos confrontan. Jesús viene, por Amor, a enseñarnos el Camino hacia el Reino De Dios… viene a sanarnos…a curarnos. Y para eso nos toca, no solo físicamente, sino que también con su Mirada, su Palabra y su Corazón. Nos enseña a Amar, a ser Amigo de los demás, de los cercanos y no tan cercanos. Jesús nos enseña a establecer relaciones, a relacionarnos, con el Padre, por medio de su Amor,,, con un personalismo individual y a la vez como Pueblo De Dios. Es Jesús quien toma la iniciativa, es el Padre quien lo envía,,, es por medio del Espíritu Santo, con su Gracia, quien nos anima a ser testigos suyos y que nos comprometamos por un mundo no alejado de la fraternidad-sororidad a lo que estamos llamados. Caminemos hacia la Pascua del Señor con nuestro mirar puestos en la Gloria De la Cruz..
Muchas gracias por esta reflexión tan carismática.
Pienso que para adquirir la virtud de la amistad hay que tener, en primer lugar, muy bien formada la conciencia.
La amistad es un paso de gigante.
La amistad no defrauda nunca.
La amistad es eterna….