Sen min non podedes facer nada

Puerta del sagrario – Oratorio del Monasterio | Xaime Lamas

Texto en castellano

Segundo o relato evanxélico de Xoán, Xesús revela ós seus discípulos seu desexo mais profundo: «Permanecede en min».

Xesús coñece a debilidade dos seus discípulos. En varias ocasións lles bota  en cara a súa pouca fe. É paradigmático o relato da tempestade calmada na que, ante o medo e desacougo dos discípulos, rífalles pola súa falta de fe: «Por que tedes tanto medo? ¿Seica aínda non tendes fe?»

O relato que se nos fai neste quinto domingo da Pascua ten coma finalidade recordar a comunidade cristiá que Cristo é o que nos da vida. Estar unido a El é senti-la súa presencia no medio de nós motivándonos a dar froitos  que o fagan crido no mundo.

A vide para que sexa frondosa e de moito froito é necesario coidala, mimala. Arrinca-los sarmentos secos supón que a comunidade cristiá vai apartando do seu seo todo o que é caduco e desfasado, todo o que entorpece a súa credibilidade no mundo. A fe da Igrexa está cimentada na Palabra de Deus, na Palabra de Cristo que é a que nos sinala o camiño a seguir, e moitas veces confiamos mais nas institucións que na Palabra de Deus. Permanecer unidos a vide fai que a sabia que procede de Xesús nos encha de fortaleza e con esa forza dar froitos: «O que permanece en min  e eu nel, ese da froito abondoso, porque sen min non podedes facer nada». E, moita veces ó longo da historia temos esquecido esta sentencia tan rotunda e tan firme de Xesús a súa comunidade.

No mundo, segundo unha enquisa do ano vinte e dous deste século, había sete mil novecentas cincuenta e un millóns persoas, das cales dous mil tres centros millóns son cristiáns de tódalas confesións. Nun sentido reducionista a viña do Señor seríamos os cristiáns. Pero non, o sentir de Cristo non vai por aí, porque ten outras ovellas as que hai que atender. Os cristiáns, como testemuñas de Cristo no medio do mundo, somos unha pequena parte da viña do Señor, sarmentos do que da pola súa vida froito abondoso é ese froito é a súa Palabra en nós, que nos capacita para levar a Boa Nova de Reino. O amor de Cristo plantounos no medio do mundo, nos coida, nos limpa para que deamos froito abondoso. Si permanecemos nel, El nos transmite súa vida eterna e o Pai nos recoñece como ese viño delicioso que da alegría e calor ó corpo da humanidade. Nós en Cristo somos o seu viño de festa, uvas prensadas non nun lagar de cólera, senón nas mans do que todo o transforma en torrente de vida.

Os cristiáns somos a pequena viña do Señor plantada no medio dun mundo complexo e difícil, no que a vida é zarandeada nas longas noites invernais, nas que as raposas pequeniñas queren destrozar cos seus enganos amorosos. «Permanecede no meu amor», o amor non ten medo do inverno nin da noite pecha porque permanece unido nos lazos indisolubles con Aquel que o arrebatou das poderosas garras das forzas do mal.

Pequena viña plantada no medio do mundo: déixate podar, deixa co que te amou ata o extremo e te tomou por esposa realice a súa obra en ti. Deixa que te limpe, deixa que te pode, abandónate nel coma a esposa se abandona  no corpo do seu esposo. Deixa que El pase a súa man por teu corpo todavía deforme e vaia dando beleza as deformidades que as raposas pequeniñas deixaron no teu corpo pequeno, pero corpo amado, corpo que xas é corpo de Cristo porque queres permanecer nel. El ven tódolos día a ti co súa Palabra que é a que che da vida e vida abondosa.

Pequena viña do Señor, froito Pascual, froito Pentecostal, que o teu viño sexa un viño de Amor, porque así só recibirás gloria, a gloria do Pai que coa forza do Espírito nos manterá firmes coma discípulos de Xesús Cristo ata que un día bebamos con El o viño  novo no seu Reino eterno.

«Eu son a vide; vós os sarmentos. Quen permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fora de min non podedes facer nada».

É a Palabra do Señor. Non o esquezamos nunca.

 

3 comentarios en “Sen min non podedes facer nada

  1. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “”… El que come mi carne y bebe mi sangre habita en mi y yo en él… ( Juan 6, 52-59 ) “”. Estas palabras de Jesús llaman la atención porque son un Misterio, algo no desvelado…difíciles de entender y a las que nos aproximamos con Fe. La confianza puesta en el Señor nos lleva a situarnos en la Espera…pero Aquí nos dan la fortaleza del que obtiene una buena alimentación para el espíritu. Nada tan importante como “ permanecer unidos a Jesús… para dar frutos y obtener la pureza de corazón…^^ Vosotros ya estáis limpios por la palabra que os he hablado; permaneced en mi y yo en vosotros ^^… ( Juan 15, 1-8 )… “”. Ahondar con perseverancia, en la oración de Jesús lleva a que su Luz penetre en nuestros corazones y se vayan disipando todas nuestras dudas…todas nuestras incertidumbres. Dios es Misericordia y Amor y quiere la unión, la comunión, con cada persona, con cada ser humano. Dejemos nuestras puertas abiertas de par en par a la Gracia del Espíritu. María sabe y conoce de ello. Cómo “ piedras vivas “ vayamos ensamblándonos alrededor de La Piedra Angular. Seamos Templos De Dios pensando en comunicar la Buena Nueva a toda la Humanidad. Quizá seamos pocos en aceptar este destino, pero gota a gota se va llenando el Océano. Demos paso al sentir de que el tiempo no tiene medida y que otros vendrán después de nosotros… vayamos despejando la Senda de la Vida

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.