«Que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai da gloria, vos conceda espírito de sabedoría e de revelación para coñecelo, e ilumine os ollos do voso corazón para que comprendades cal é a esperanza á que vos chama, cal a riqueza de gloria que dá en herdanza aos santos». (Ef 1, 17-18)
Que El ilumine os ollos do noso corazón para que comprendamos a esperanza á que nos chama.
A vida vainos ensinando o precarios que son os nosos proxectos, ofrécenos cantidade de oportunidades para descolocarnos e para non quedarnos atrapados na seguridade das nosas visións. Cando a nosa esperanza está aferrada nas nosas expectativas, nos nosos proxectos, capacidades ou forzas, tarde ou cedo, máis ben cedo que tarde, experimentaremos o sabor amargo da derrota e da frustración. Pero nada está perdido, ou mellor, esa perda, se estamos dispoñibles para aprender, transformarase nunha ganancia moi importante, porque a intemperie é un lugar privilexiado para atoparnos con nós mesmos, é o lugar privilexiado para ensinarnos a volta cara a dentro, para que se iluminen os ollos do noso corazón e descubramos que só Deus pode responder á nosa esperanza.
Porque a esperanza non é soñar ou alcanzar isto ou aquilo, por máis fermoso e nobre que sexa, a esperanza é Deus mesmo no seu insondable misterio, nos seus camiños e nos seus plans, que distan dos nosos tanto como o ceo da terra (cf. Is 55, 8-9). A esperanza esixe desapego dos meus desexos e confianza no amor de Deus, porque o que todos nós esperamos é o inesperado: a nosa esperanza está máis alá do que esperamos pero, por anticipado, non podemos sabelo. Sen a frustración das nosas esperanzas non podemos descubrir o rostro da esperanza. «Esta é a esperanza que non defrauda, como di Paulo na carta aos Romanos, porque o amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns polo Espírito Santo, que nos foi dado» (Rm 5,1-2.5).
Que El ilumine os ollos do noso corazón para que comprendamos a esperanza á que nos chama.
Moito do noso sufrimento xorde do apego aos nosos soños de perfección. Identificamos a nosa esperanza cun mundo (unha igrexa, unha comunidade…) idealizado. Canto nos custa perder a teima das cousas perfectas, canto nos custa curarnos dese impulso que nos exilia no conforto das idealizacións, canto nos custa vencer o vicio de sobrepoñer á realidade unha morea de falsas imaxes. Non hai peor inferno que un falso ceo, porque aí se xeran e aliméntanse: o orgullo, a autosuficiencia, a autoxustificación, o illamento, a violencia e o delirio do poder.
Bernardo, no Tratado dos graos de humildade e soberbia, convídanos: «Mira á terra, para que te coñezas a ti mesmo. Ela mostrarache a túa realidade, porque es terra e á terra volverás». O noso ceo está na terra, na terra que somos, esa terra que tanto nos custa amar, tan só porque non corresponde ás crenzas que interiorizamos ao longo da vida. Nesta terra, que é a nosa, é onde Deus se fixo carne e acampou entre nós.
Baixar á terra, unha e outra vez, acoller o contraditorio, o sombrío, o que nos doe, sen desalento e con tenrura; sempre con tenrura, porque estamos a tocar o noso mellor tesouro. Cando abrimos así o corazón, caen os medos, a liberdade gaña outra amplitude, aprendemos a mirar aos outros con compaixón e imos experimentando que Deus vive e respira en nós. Canto máis baixamos á nosa terra, máis nos volvemos transparencia do Misterio de Deus. A nosa terra é o noso ceo! Experimentalo é pura graza. Feliz festa da Ascensión!
Vivir en la Luz… Ser existentes en los Campos del Corazón De Dios… Necesitamos para ello la Gracia del Espíritu que nos comunica Jesucristo. Jesús es la cabeza de ese cuerpo que formamos todas las personas. Cada cual a su manera. Todos cooperamos como miembros distintos, cada cual con su peculiaridad… todos imprescindibles por nuestros dones particulares, donados, no por méritos propios. Y, sin embargo, debemos trabajar con “ los denarios otorgados “ para fructificar… Debemos invertir en nosotros mismos, con la Esperanza puesta en los bienes del cielo a donde Jesucristo nos lleva haciendo de Puente entre Dios y nosotros. Él nos da las herramientas, los candiles en la mina para hallar el tesoro que es la Bondad y Misericordia De Dios… la Comunión con Dios, el Amor del Padre… ABBÁ, Padre !!!. Despertar, vivir conscientemente en el presente…en una continua Presencia De Dios Padre…. Sabiendo que el momento presente es el aquí y el ahora. Cada quien en su lugar…con sus alegrías y con sus penas…con sus aciertos y fracasos…. Pero todos llenos de ansias por continuar luchando tras el alzamiento posterior a la caída. Es necesario seguir con la mirada puesta en Cristo, en ese Cristo Maestro Interior. Ese ha de ser nuestro objetivo primordial: nuestro mundo interior… la Conversión de nuestros corazones en la espera de la venida del Espíritu Santo. Pidamos a María que nos enseñe a seguir a Su Hijo en el camino de La Verdad… Todos juntos.
Gracias
Gracias 🙏🏽
Gracias