O pasaxe evanxélico do pasado domingo nos presentaba a Xesús e ós seus discípulos intentando retirarse a un lugar solitario para acougar dos seus traballos, plan que se frustra porque ó chegar a outra banda do lago achegouse a El unha gran cantidade de xente.
A mirada de Xesús se pousa sobre a multitude que non só ten necesidade do pan da palabra, tamén do pan que enfortece os corpos para soportar o peso da vida. Sabemos que o número das persoas é hiperbólico, sómente os homes eran cinco mil, sen contar as mulleres e os nenos. Pero, que significado ten esta multiplicación dos pans. Ningún evanxelista subliñou tanto coma Xoán seu carácter eucarístico e corremos o risco de nos quedar na dimensión sacrificial e esquecer outros aspectos moi importantes da cea do Señor.
A Xesús se lle estremecen as entrañas e o primeiro que se lle ocurre é alimentar aquela xente que andaba esmorecida. Se vai a compartir o pouco que teñen, e compartindo se crea fraternidade e comuñón, e isto é algo que temos que ter moi presente. A eucaristía non é un acto devocional, é a expresión mais profunda de comuñón e donación da comunidade, é onde ten que nacer o sentimento mais fondo da xustiza e solidariedade cos mais pobres e oprimidos da nosa sociedade. Eucaristía e xustiza teñen que ir unidas, porque cando non hai xustiza, cando non se vive de maneira solidaria, cando non se traballa por trocar as cousas que fan medrar a pobreza e a miseria, cando non se ven os esforzos por compartir os problemas dos que sofren, as nosas eucaristías quedan valeiras de contido. E, hoxe asistimos atónitos vendo como se lles quere pechar as portas ós que arriscan súas vidas par procurar un futuro que lles é negado nos seus países de orixe. Chegan as nosas costas buscando dignidade para súas vidas, que poidan medrar, vivir e educarse para ter un futuro. Non podemos imaxinar a Xesús dándolles as costas a unha multitude famenta, non só de palabras de acougo para o seu corazón, senón tamén de pan.
A multiplicación do pan, segundo os evanxeos calou fondamente nas primeiras comunidades cristiás e as súas eucaristías eran moito mais cunha celebración litúrxica, senón que era o momento no que se compartían os bens, cada un aportaba súa ofrenda para socorrer os mais necesitados. J. A. Pagola na súa reflexión sobre o evanxeo deste domingo recolle unha anécdota curiosa na que, Ciprián, o bispo de Cartago, reprocha a unha rica matrona: «Teus ollos non ven ó necesitado e ó pobre porque están escurecidos e cubertos dunha noite pecha. Ti es afortunada e rica. Te imaxinas celebrar a cea do Señor sen ter en conta a ofrenda. Ti suprimes a parte da ofrenda que é o pobre.»
Non o esquezamos, o pan xa está multiplicado e se non chega a todos é por puro egoísmo ou cando non é unha estratexia de exterminio pola fame como está a ocorrer nestes momentos en Gaza. O relato da multiplicación do pan non é só que comprendamos que Xesús é o Enviado a alimentar ó pobo, senón tamén é unha chamada a aportar o que cada un poida ter para alimentar non só de pan, senón tamén de xustiza. J. Mª Castillo no seu libro A humanización de Deus, ten un capítulo longo e moi denso no que trata o tema de Xesús e a comida. Di o seguinte: «Se algo lle interesa e preocupa os seres humanos, despois da saúde e xuntamente con ela, é a alimentación. É obvio que quen non se alimenta, enferma e seguramente morre. Pero alén desta razón elemental e moi en relación con ela, está o feito de que nos evanxeos, especialmente nos sinópticos, xunto co problema da saúde e as sanacións de enfermos, o tema mais recorrente é o da alimentación e as comidas. De forma que a sorprendente frecuencia e insistencia, con que estes temas se repiten nos evanxeos, amosan con sobrada claridade que Xesús se interesou mais pola saúde e alimentación que o culto, a liturxia, os rituais relixiosos ou incluso a oración. Polo menos é seguro que os recordos de Xesús, mais e mellor conservaron as primeiras comunidades cristiás, foron os recordos relacionados con a saúde e a comida.»
Se ten insistido durante moito tempo no carácter sacrificial da eucaristía. Pero hai outros aspectos que hai que resaltar e recordar con forza que a eucaristía, sendo como é a comuñón co corpo do Señor, non é menos certo que tamén é comuñón cos irmáns e irmás, cas súas necesidades mais básicas e cos seus problemas. Eucaristía é xustiza teñen que ir unidas, non nos cansemos de dicilo, porque a eucaristía nos obriga a preguntarnos polo froito da comuñón co Corpo e co Sangue de Cristo, co mundo da pobreza, a exclusión e marxinación. A eucaristía sempre nos ten que recordar o capítulo 25 de San Mateo no xuízo das nacións: «Tiven fame e déstesme de comer» ou «Tiven fame e non me destes de comer».
O pan da eucaristía nos alimenta para o amor, porque só o amor e digno de fe e, é o que nos impulsa e nos sostén na nosa loita de ir crecendo nunha comuñón e solidariedade cos mais pobres e pedidos.
Gracias
La Fraternidad es Amor… Dios se nos da en cada instante… es pura donación. La humanidad está hambrienta de Él…y Él se reparte, se parte para todos los seres humanos. Se multiplica por la Palabra y en el misterio de la Eucaristía. Él, siempre presente, no se encuentra alejado de cada cual. No se halla fuera de nosotros. Habita dentro de nosotros. No hace falta inquirir hasta el extremo los entresijos del Universo. Él está aquí…en la Invisibilidad Real. Siempre…sin abandonarnos, haciendo Comunión en el Uno…todos juntos, considerados en la Unidad. Todo es posible. Ante la sencillez de cinco panes y dos peces que comparte el pobre, Él realiza el Signo Multiplicable. No pensemos que poseemos poco para dar. A veces, una sencilla sonrisa, una caricia con los ojos…puede levantar a nuestro hermano caído. Sepamos estar cerca de los atribulados y pesarosos por la vida. Seamos Carne Fraterna. Seamos prójimos de los demás, juntándonos todos en esa Gran Familia Comunitaria deseosa de un mundo justo y esperanzado con la Caridad por bandera. Dios nos hace hermanos al repartirnos el Pan. Comamos. Cojamos fuerzas e impulsemos nuestra existencia en un devenir de Alegría, de Paz…de Amor Eterno. No hay que viajar por la vida como un turista ansioso de llenar la mirada con un exceso de novedades, empachándonos de kilómetros recorridos y ciudades visitadas. Acerquémonos al que tenemos al lado. Amarrar la vida es sentir que , como un niño, un juguete es un ser vivo… un ser al que entregar nuestro ser… entregarnos a los juegos abandonados en la infancia donde la Inocencia nos transporta a. Las Realidades del Espíritu.