En mais dunha ocasión Xesús tivo que enfrontarse a curtidade de miras dos seus discípulos.
O relato de Marcos e moi iluminador e, de novo Xesús ten que dar un toque de atención a ese exclusivismo dos que se cren con dereitos que non son transferibles aos que non pertencen ao grupo. É o celo imprudente dos que queren delimitar con excesiva precisión os confíns entre a comunidade cristiá e os de fora, con a disimulada ambición de ser os únicos posuidores do auténtico poder carismático. E non caemos na conta que, cando o exclusivismo faise no “nome do Deus alcanza o cumio do seu desatino” quedando claro que nós, sómente nós, somos os portadores dos carismas do Espírito, e Deus queda reducido a nosa ruindade e particularismo de miras. A este respecto, Bernard Häring lle escribiu ao Papa Xoán Paulo II: «Se o ensino do Maxisterio se converte en un berro de guerra dos homes intransixentes, presuntuosos de estaren especialmente preto do Papa, ou se converte en arma que se tira contra quen desiente en aspectos só secundarios dunha interpretación excesivamente ríxida, (nese caso), non se fai un bo servizo a Igrexa, nin ao oficio de Pedro».
Si non aprendemos da actitude de Xesús, de que, “o que non está contra nós, está connosco”, seguiremos na idea de que Xesús é propiedade exclusiva da Igrexa, e non e así. Por iso hai que andar con moito tino a ese toque de atención que lles fai aos seus discípulos e a nós, por esa manía que temos de separar o mundo en dous e de non ter empatía: os meus e os outros, os amigos e os adversarios, os cristiáns e os que non o son, etc.
«Xesús non entende a frase “non é dos nosos”. A salvación, a liberación pode chegar a todos a través de outras persoas que nos son “uns dos nosos” Todo o que reme a favor dos ensinos de Xesús, é un dos seus, non necesita ningunha “admisión” nin un “carné” de pertenza a ese “club”. Xesús vive en todas as persoas que fan o ben e viven traballando por unha humanidade mais xusta, mais digna e liberadora» (Carlos Roos).
Non esquezamos que fora da Igrexa hai un mundo considerable de homes e mulleres que fan o ben, que traballan duro en favor dos mais desfavorecidos, que teñen unha fonda paixón pola xustiza e moitos deles deixan a súa vida nese servizo de defender os dereitos dos mais desfavorecidos do noso mundo. Neles está vivo o Espírito de Xesús de Nazaré. Non son nosos adversarios e temos que sentilos coma amigos e colaboradores no proxecto do Reino que sempre ten que de estar vivo na nosa conciencia como crentes. E tamén deberíamos preguntarnos porqué a Igrexa non é capaz de facer crible entre eles a persoa entrañable de Xesús de Nazaré.
Temos que aprender de Xesús a respectar as xentes que non son crentes e non vivir recelosos condenando posicións e iniciativas en favor das persoas polo simple feito que non se axustan aos nosos esquemas relixiosos. A nosa misión é traballar polo Reino de Deus unindo noso traballo ao dos que non forman parte da Igrexa pero que están a favor da xustiza e da igualdade de dereitos entre as persoas. O demais ven por engadido.
Gracias
Absolutamente de acuerdo. El Espíritu sopla donde quiere y Jesús de Nazareth vivió, murió y resucitó para dar vida a todos. A todos, debe estar abierta la Iglesia, su Iglesia.