
Na nosa vida como crentes temos o risco de andar a procura do mais fácil e nos pasamos a vida tratando de eludir aquilo que esixe verdadeiro risco e sacrificio. Nos arredamos e nos pechamos na pasividade cando descubrimos as esixencias e as loitas que conleva vivir con certa fondura.
O mar da vida é tan cambiante coma o océano: Calma, marusía, forte marusía, tempestades, son reflexos do que nos toca vivir ó longo da nosa vida. E o mar é unha metáfora da nosa vida na que a barca da Igrexa e as nosas barcas persoais teñen que navegar ó longo do tempo que nos toca vivir. Non se poden gardar as barcas no porto porque somos chamados a un movemento continuo, a uns retos que sempre van ser moi esixentes. Nos pode dar medo asumi-la existencia con responsabilidade total; é mais fácil recalar na rutina, estar varados nun porto tranquilo, sen caer na conta que a nosa misión e navegar no mar da vida cara o porto onde atoparemos acougo dos nosos traballos realizados polo Reino.
¿A que lle temos medo? Hai que ter moi presente que o medo axiganta os problemas e nos fai perder obxectividade. Ante os retos que se nos presentan na nosa sociedade temos que ter en conta que, como persoas crentes, debemos dar respostas válidas as nosas comunidades, respostas que lles axuden a ver con optimismo o futuro e facendo que a súa fe medre e se afiance. Estamos a vivir tempos difíciles, que non son mellores nin peores cos dos tempos pasados, son os nosos e neles temos que navegar. A tentación xurde coma unha autodefensa ante os retos que a vida nos amosa, porque queremos vivir unha vida tranquila e cómoda sen ter que preocuparnos de sufrir conflitos nin contrariedades. Iso é o descenso ós infernos da indiferenza e da mediocridade.
¿Nos da medo o silencio de Deus? Pero, nos temos preguntado algunha vez si realmente nalgún momento da historia Deus gardou silencio? Coido que non. Si nos fixamos no relato evanxélico, Xesús está presente, durme, pero o seu corazón vela. Súa actitude é a de quenten confianza e, esa confianza lla quere transmitir ós seus discípulos. El, aínda que durma é a Palabra viva e eficaz, a que nos sostén coa súa man poderosa. É a Palabra por excelencia e ningunha noite pecha cargada de tempestade pode darnos medo si esa palabra está arraigada no noso corazón. E como di Thomas Merton: «Hai outras palabras de Deus que temos que atender, “a semente é a Palabra de Deus”. Polo xeral, pensamos que esta definición se aplica só o Evanxeo. Pero toda expresión da vontade de Deus é de algún xeito unha “palabra de Deus” e, polo tanto, unha semente de vida. A realidade sempre cambiante na que vivimos debería espertarnos a posibilidade dun diálogo ininterrompido con Deus». E a nosa actitude interior ten que levarnos a deixar os nosos medos, non ollar coma elementos hostís todo aquilo que acontece e que as veces nos desequilibran por dentro. Se algo quere Xesús da súa comunidade e que saiba ler as os signos dos tempos para dar resposta a todos os retos cos que temos que enfrontarnos no mar das nosas vidas, nun mundo onde todo parece suceder dunha forma vertixinosa. Saber ollar a historia presente cos ollos de Deus para que non nos convertamos nunha xeración malvada e adúltera que no sabe discernir o paso de Deus pola nosa historia.
Nosos medos nos poden levar a unha cegueira interior de non escoitar a palabra que constantemente resoa, que vai polo aire da historia coma sementes a procura dunha terra fecunda onde xermolar. Sabemos por experiencia que Deus non nos vai a soluciona-los problemas, e a nosa idea dun deus todopoderoso nos di mais de nós mesmos que acerca del. Non soluciona os problemas que poidamos ter, pero é a forza que mantén viva a nosa fe, noso amor e nosa esperanza. E, como ven afirma Merton: «Temos que aprender a entender co amor de Deus nos busca a nós e busca o noso ben en todas as situacións. Seu inestimable amor busca o noso espertar. Certamente, como este espertar implica unha forma de morte o noso eu exterior, tememos a súa vinda na medida en que nos identificamos con este eu exterior e estamos atados a el. Pero cando comprendemos a dialéctica da vida e da morte, aprenderemos a corre-los riscos que implica a fe, facer as eleccións que nos ceiban do noso eu rutineiro e nos abra as portas dun novo ser, dunha nova realidade».
«Non temas pequeno rabaño», «Non teñades medo» – son palabras do señor a súa comunidade. E, non esquezamos nunca as palabras de San Paulo ós romanos: «Quen nos pode arredar do amor de Cristo? A tribulación, a angustia, a persecución, a fame, a nudez, o perigo ou a espada?»
Ningunha tempestade, ningunha turbulencia nos arrincará do amor de Cristo. El é a áncora que sostén a nosa fe.





