Os seus camiños non son os nosos camiños

Vendimia en el Duero portugués

Texto en castellano

Unha vez mais volvemos a enfrontarnos cunha parábola de Xesús que nos deixa perplexos. E, unha vez mais, Xesús nos amosa como é o corazón de Deus que rompe coas leis do mercado laboral. Tódolos nosos esquemas se abalean cando fai a súa aparición o amor libre e insondable de Deus. Xa na primeira lectura do profeta Isaías se no avisa que, «os meus plans non son os vosos plans, nin os vosos vieiros son os meus vieiros».

Unha vez mais o Evanxeo de hoxe nos remite a eses comportamentos estraños de Xesús de Nazaré que deixaba perplexos ós homes piadosos do seu tempo e tamén do noso: Sentarse á mesa dos pecadores e descridos. Deixarse lava-los pes e ser unxido por unha pecadora pública. Tocar un gafo. Tocar un morto. Bendici-los nenos. Curar en sábado. Comer con mans impuras. E tamén as tres parábolas da misericordia. Non é fácil entender ó Deus de Xesús, porque «cando as relixións – e no seu nome, os homes da relixión  – nos falan de Deus, en realidade non falan, nin poden falar, de “Deus en si”, senón das “representacións” de Deus que os humanos nos facemos» (J. M.ª Castillo). De aí a incomprensión da imaxe de Deus que transmitía Xesús por parte dos homes da Lei.

O Deus de Xesús non encaixa en ningunha relixión porque Deus non creou as relixións. As relixión son creadas pola necesidade que temos de ter espazos nos que celebramo-la nosa fe. O problema é a dexeneración das relixións polos homes relixiosos. Creamos relixións e con elas creámo-los nosos deuses á nosa medida dentro dos nosos espazos culturais, fenómeno que se da en tódalas culturas o longo da historia. O capítulo segundo do libro de J. M.ª Castillo, Declive da relixión e futuro do Evanxeo, comeza así: «Si algo queda patente no conxunto dos relatos evanxélicos é que o Evanxeo enfrontouse, dende o primeiro  momento, á relixión. O resultado inmediato foi que, naquel enfrontamento, gañou a relixión».

Esta parábola do dono da viña non encaixa nunha mente observante, e se hoxe aínda hai moita xente que se queda perplexa polo xesto de amor do Pai ante o fillo que torna á casa morto de fame, tampouco poden entender, segundo a nosa lóxica laboral ou de méritos relixiosos, esta parábola. Porque Deus non nos trata segundo os criterios de produtividade laboral (que se mide polas horas de traballo), senón polos motivos que brotan dun corazón bo e xeneroso. O corazón que é profundamente bo, que privilexia ós derradeiros, ós mais desgraciados da vida, ós que a lóxica dos homes nunca privilexia.

Temos que comprede-la mente de Deus a través da vida de Xesús. Para Xesús o mais importante era a persoa, súa vida, súa dignidade, súa felicidade, e para iso había que humanizar unha relixión na que o primordial non era o benestar das persoas, senón o sometemento a Lei e ós ritos da relixión. E Xesús pon por riba da Lei e as observancias ás persoas e as súas necesidades e isto o expresa moi claramente no Sermón do Monte: «Porque vos aseguro que se a vosa xustiza non é maior ca dos letrados e fariseos, non entraredes no Reino dos Ceos».

Temos que repensar moitísimo en tódalas relixións o noso sistema de pesas e medidas. Nosoutros, segundo as nosas leis relixiosas nos pechamos nos nosos cálculos sen deixar a Deus ser bo con todos. Incluso témo-la ousadía de dicirlle quen pode salvarse e quen condenarse.

A parábola de hoxe, como tantas outras, era revolucionaria para aquela época e aínda mais para a nosa. Esa bondade de Deus de dar a todos por igual, esa bondade derramada xenerosamente nunha recompensa igualitaria. Cos derradeiros sexan os primeiros e os primeiros derradeiros non ten encaixe nas mentes relixiosas que pensan dunha maneira retributiva de premio ou castigo, sen atreverse a penetrar no corazón das persoas, alí onde só Deus pode ler e comprender as nosas historias persoais.

No fondo de todo, o remate de todo isto é que Deus non sabe de credos relixiosos. Onde as relixións poden ver ateos, agnósticos, crentes ou non, vivan ou non de costas a Deus, en realidade o único que Deus ve son fillos e fillas amados sobre os que o seu amor misericordioso se inclina con agarimo, convidándoos a traballar na súa viña e dárlle-lo seu salario. Non importa a hora, porque Deus  non ten hora. Deixemos a Deus ser Deus, isto é o esencial. Entón calquera relixión que lle deixe a Deus a iniciativa do amor e da igualdade, será crible o seu ensino. Senón é así, só será un fraude e unha fonte de escravitudes.

7 comentarios en “Os seus camiños non son os nosos camiños

  1. pedro garciarias dijo:

    ¡cuánto bien me han hecho las refleixiones de hoy!, me resulta difícil poder comunicar el hecho pero pienso y doy gracias a Dios de que en el monasterio hay alguien que escribe así, ¡qué buen maestro para las vocaciones!,la foto de la vendimia muy hermosa y acertada, no olviden de colgar cuando convenga las magníficas pinturas de Enrique Mirones, monje de Sobrado. Igualmente acertadas.
    abrazo fraterno y lleno de gratitud. Y, por favor, recen alguna vez por este viejito.

  2. Beatriz dijo:

    “ creamos nuestros dioses “, pues si que es verdad, ocurre, entre otros, con la iconografía. Un icono, por ej. , Jesucristo Salvador , es el dios con el que trato, a veces, para ahondar en la oración.
    Reflexión que da para largo y tendido.
    Muchas gracias.

  3. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “”… Id también vosotros a la viña…porque los últimos serán primeros y los primeros, últimos… “”. Dios sale al encuentro de las personas. Lo que le interesa es el Corazón humano, es las actitudes ante la vida… no las aptitudes para resolverse en la cotidianidad pendientes de cuestiones a favor o en contra. Dios no nos “ mide “ por nuestra capacidad de conseguir méritos. Para Él todo es Gracia desde su Bondad. Nos quiere libres… no sujetos a normas que atenacen nuestro ser. Es muy cierto que a Dios no lo podemos encasillar, ni dirigir, ni crear una imagen de Él qué solamente sea para beneficio nuestro y así “ atornillar “ a los demás bajo el peso de nuestras ideas y creencias asfixiantes y poco flexibles. “ No juzguemos y no seremos juzgados “… No pretendamos que las personas de nuestro entorno, del mundo en general, sigan nuestros patrones. Está dicho hasta la saciedad:: “” Somos diferentes, pero somos iguales “”. Dios nos quiere capaces de un comportamiento pleno de entendimiento hacia Él, para, al mismo tiempo, entender sin envidias al resto de personas. Nos quiere con un corazón dispuesto a trabajar por el Reino, en una sintonía de servicio, de humildad,,, sabiendo que Dios es Grande, Infinitamente Dueño de Sí… Dueño de cada uno de nosotros, dejándonos esa Libertad para amarlo, alabarlo y adorarlo. Él es Único en el Uno. Para todo ello, el Señor nos da la fuerza para sostenernos en la Vida. Y esa fuerza es Nuestro Hermano Jesucristo que nos enseña, que habla con nosotros y nos hace decir “” ABBÁ, PADRE “”.

  4. Carmen dijo:

    Magnífico texto. Una pena para compartir a gente que no entiende gallego ya sé que hay muchas formas, pero poniéndolo fácil sería mejor.

    • Monasterio de Sobrado dijo:

      Buenos días, Carmen. Gracias por tu comentario. Es muy fácil compartir el texto en castellano. Basta pinchar donde está «Texto en castellano» y compartirlo.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.