Estamos a finaliza-lo ano litúrxico. E de novo xurde ese toque de atención que é unha chamada a vixilancia, a saber ler os tempos e os acontecementos da historia presente. Historia relixiosa e política, historia persoal e colectiva, historia da familia, historia da comunidade relixiosa-monástica. Todo ten que pasar pola peneira do discernimento. Saber de que calidade é a nosa felicidade, en que se fundamenta, si está arraigada na fe de Xesús Cristo, rocha firme da nosa vida, ou na area movediza das satisfaccións inmediatas de picariños caprichosos e sen sentido. Saber de que calidade é a nosa esperanza, en que se fundamenta, como a mantemos esperta para non atoparnos con calquera cousa, para non desesperar do ser humano, para non perder nunca o anhelo da vida eterna para todos, non deixar de buscar, de medrar, de confiar. Aínda que non o saibamos, os que viven así están agardando a vinda de Deus. Porque temos que ter moito tino con as falsas seguridades que, habelas haillas. E Xesús de Nazaré nos ven a dicir que: “Por moi elixido que te creas e por moi digno que sexa o grupo ou a comunidade a que pertences, se a lámpada da túa vida non da a luz que quere o Señor, daranche coa porta nos fociños” (J.Mª Castillo).
O texto do libro da Sabedoría que se nos proclamou, nos abre a porta para adentrarnos nesta parábola das dez mociñas: “A Sabedoría deixase atopar dos que a procuran… O matinar nela é xa cumio da prudencia. Quen por ela deixa o sono axiña se verá libre de preocupacións”. É a parábola da vida e non é fácil escoitar esta mensaxe que nos expón unha cuestión que é vital: ¿Ata onde camiña a nosa vida? ¿Que espero ou que esperamos? ¿De que alimentámo-lo noso home interior? Ó home dos nosos días só parece fascinarlle o que é novo, o actual, o momento presente, sen se decatar que todo ten un selo de caducidade, que ó novo mata o novo, e o momento presente é caduco. Por iso hai tanta ansiedade, tanta agresividade, tan pouca esperanza. Se sómente queremos vivi-lo gozo inmediato das cousas estamos queimando o aceite dos nosos candís, e o candil do noso corpo é o ollo, e se o noso ollo está malo, todo o noso corpo estará en escuridade e, o que é peor, esa escuridade afogará os sentidos porque perderémo-la capacidade de ver e senti-la presencia do Santo en todo o que nos é familiar, en todo o que vai acontecendo na nosa vida.
Khalil Gibran di moi atinadamente: “Vosa vida cotiá é o voso templo e a vosa relixión. Cantas veces entrades nela, levade convosco todo voso ser. Levade o arado, a forxa, o martelo e o laúde. As cousas que modelaches na necesidade e no pracer. Pois nos soños, non podedes erguervos por riba das vosas realizacións nin caer por debaixo dos vosos fracasos. E levade convosco a tódolos homes. Pois na adoración, non podedes voar por riba das súas esperanzas nin descender por debaixo da súa desesperación.
E si queredes a Deus, non vos preocupedes por descifrar enigmas. Mirade, mais ben, o voso arredor e O atoparedes xogando cos vosos fillos. Abride os vosos ollos ó espazo e O atoparedes camiñando polas nubes, estendendo os seus brazos no lóstrego e acougando na choiva. E O veredes sorrindo nas flores e logo erguéndose axitando as mans das árbores”.
A vixilancia a que Xesús nos chama é unha actitude interior que nos axuda a estar atentos. Non se trata de prepararnos para gozar un día dunha vida eterna que xa é garantía e don gratuíto de Deus, é outra cousa. Tampouco a vixilancia témola que considerar como longas vixilias de oración, austeridades e xaxúns, nin tan sequera renunciar os gozos da vida que se nos deron para o nosos desfrute. Tampouco non se contaminar con a proximidade dos pecadores e descrentes. A nosa vixilancia radica en facer que as actitudes de Xesús de Nazaré, segundo os Evanxeos, estean vivas dentro de nós, sexan a nosa vida, sexan a nosa xustiza e a nosa paz. Que tódolos esforzos por mellorar este mundo se unifiquen, a pesar das diferencias ideolóxicas e relixiosas, e nos levarán a acadar que o dereito das persoas a ser felices sexa unha realidade. Porque o ser humano non ten só “necesidades” que se apagan cando quedan satisfeitas. O propio da condición humana é o “desexo” que non se sacia nunca, posto que está aberto ó infinito e universal. O ser humano é desexo de amor, de verdade, de plenitude, felicidade total, e isto non se consigue con a mera satisfacción dos bens materiais. O home interior ten insatisfaccións que o meramente natural nunca poderá encher.
Nesta parábola hai persoas que se senten molestas pola actitude das mociñas asisadas que non quixeron compartir o seu aceite coas súas compañeiras. Pero temos que ter moi en conta que na vida hai cousas que nos se poden compartir e son intransferibles. A falta de previsión neste caso é unha falta de atención á vida. Cada quen coñece a súa propia verdade, aquilo que o fai ser el mesmo e que o mantén esperto no seu corazón. O contrario, ¿que é o que, ademais do noso natural, tamén fai que se durma o noso corazón, e fai que tamén se apague a súa luz? Non é esta unha cuestión menor, porque as nosas actitudes e as respostas, nosa proximidade ou afastamento das cousas e das persoas son as que van a definir a nosa resposta final e a atención do noso oído interior para escoita-la voz que nos anuncia a chegada do Esposo, que non ten porque estar referido ó momento final. Cada vez que nos negamos ó próximo, que nos pechamos sobre nós mesmos, que somos insensibles a dor allea, cada vez que nos refuxiamos no inmobilismo, cada vez que pechámo-las nosas portas, estamos baleirando o aceite dos candís, o aceite do amor gratuíto e xeneroso.
Rematámo-la nosa reflexión cunhas palabras de J. A. Pagola:
“O evanxeo invítanos a vixilancia. A esperanza cristiá non instala na inconsciencia. Pola contra, inquieta; anima nosa responsabilidade e creatividade; non nos deixa acougar. Unha persoa que mantén acendido o candil da esperanza é unha persoa enteiramente insatisfeita, que endexamais está contenta nin de si mesma nin do mundo en que vive. Por iso, precisamente, véxea comprometida alí onde se está loitando por unha vida mellor e mais liberada.
Estes son os crentes «sensatos» que tanto necesita a nosa sociedade. Persoas de esperanza incansable. Homes e mulleres que saben que o crecemento do nivel de vida non é a única salvación que tranquilizará o ser humano. Crentes que loitan por un mundo mais humano, pero que saben que non vai ser un puro desenrolo dos nosos esforzos, senón agasallo de Aquel en que atoparemos un día a plenitude.”
Gràcies
Muchas gracias y desde luego que sí, la ignorancia es muy atrevida ¡ a quien se le ocurre utilizar lámparas de aceite y no proveerse de aceite para no quedarse a oscuras! El frasquito de aceite si, es intransferible, ha cruzado el umbral, está destinado a un uso concreto en una Persona concreta.
Feliz domingo!!!
“” …No es que lo dé por conseguido o que crea que yo soy perfecto; más bien continúo mi carrera por ver si puedo alcanzarlo, como Cristo Jesús me alcanzó a mi. Por mi parte, hermanos,, no creo haberlo conseguido todavía. Sin embargo, olvido lo que dejé atrás y me lanzo a lo que está por delante, corriendo hacia la meta, al premio a que Dios me llama desde lo alto en Cristo Jesús… “”. Y esta es la atención y vigilancia que ha de tener todo cristiano. Continuar en el filo de sus propias vivencias reales, con no una excesiva y exigente ascésis…solo mirando a lo alto, con gran Fe en Dios…con el ineludible ejemplo de Jesús. Él es el aceite de nuestras lámparas. Él es el que lo llena todo… el que nos indica que cada cual posee unos valores que tiene que cultivar con el compromiso de atender a los demás… con sacrificios de alabanza al Esposo. Cierto es que de nada vale una vida que se pierda en el pasivismo, en la idolatría, en historias plenas de miradas a los afanes del siglo. La mirada hay que poner a en nuestro interior donde el Señor nos esconde en lo más escondido de su morada… donde nuestro maestro Jesús llena nuestros corazones con el aceite de Su Palabra y Su Don Eucarístico vaciándonos de todo lo superfluo, de todo aquello que sobra y no vale. Dios nos ama con toda su Misericordia y nos quiere llenos de Su Gracia en el Espíritu para que sigamos con atención nuestra disposición a ser fieles a Su Amor. Él no necesita de nada ni de nadie pero tiene mucha querencia por beneficiar a sus criaturas. Atención…Vigilancia…con Fe…con una Esperanza en Él ilimitada.