Vixiar para dar razón da nosa esperanza

Texto en castellano

Todos sabemos que o mundo e moi distinto a como nos gustaría que fose e sentímo-la impotencia de non saber como afrontar tanta desgracia o que nos provoca, as veces, moita desazón interior. Seguimos, como o profeta Isaías arelando a presencia do Santo no medio do pobo: «¡Ai se racháse-lo ceo e baixases!» Ese berro que século tras século brota das entrañas da humanidade e, os crentes, se nos pide que demos razón da nosa esperanza. Unha esperanza que anuncia algo completamente novo, o anuncio de que Deus non esquece ó seu pobo: «Anunciádelle ós pobos e decídelles: Ollade, ven Deus o voso Salvador». Pero temos que aprender a esperar e a comprender que Deus ven no silencio da historia, no silencio dos tempos. Non son grandes teofanías as que nos amosan a súa presencia santa no medio de nós, senón que temos que aprender a descubrilo onde parece que está ausente e silencioso, pero El sempre ven a eses lugares os que nos costa moito descender. Temos que estar constantemente aprendendo a ver desde o noso interior a descubri-los sinais da súa presencia e iso nos sitúa nesa vixilancia que Xesús nos aconsella.

A vixilancia ten un carácter activo. Non é estar quieto ollando para o horizonte ou para o ceo a ver si aparece o desexado, ou arelando aquilo que poña remate ós nosos problemas. Non, vixiar é estar atentos ós signos dos tempos, saber que é o que acontece no tempo presente para non comete-los erros do pasado. Vixiar non é crear falsas ilusións dun mundo feliz. Vixiar e vivir atento a realidade sen disfrazala: é escoita-los xemidos dos que sofren, entrar en un mesmo e ver que é o que lle doe e que é o que o alegra, como acolle e como rexeita. Vixiar é sentir o amor de Deus na vida, ese amor que  nos leva a afronta-los problemas con serenidade, a berrar contra a inxustiza, a devolverlles a ilusión a tódolos que lles foi arrebatada sen escrúpulos a súa casa, o seu traballo, a súa dignidade. Vixiar é loitar, moverse, abrir un camiño para a xustiza e a paz. Vixiar é retornar á Santa Palabra, lela co corazón porque é a que ten a verdade e a vida. Vixiar é sacar forzas de fraqueza cando a desesperación de tanta podremia cae sobre nós e nos desacouga porque nos excede. Entón berramos para que se rachen os ceos, para que a soberbia dos poderosos, que é coma as altas montañas, se derreta, e o deserto ermo dos pobres e desesperados do mundo, se converta nun xardín onde xermole a xustiza.

Ensinóusenos que vixiar é pasa-las  noites en oración, pero o sentido evanxélico vai por outros canles. Boa é a oración, moi necesaria e insubstituíble, pero orar significa vivir, estar comprometidos, é espertar a nosa sensibilidade para non caer nun pietismo que  nos leve a viviren pechados sobre nós mesmos, nos inmunice das esixencias do Evanxeo e nos endureza o corazón. Vixiar e servir en silencio, amar con alegría, dar todo o que se poida, e rir, porque o riso rompe as teas de araña da nosa alma e, así os nosos oídos escoiten o que escoitaba Xesús. Para que os nosos ollos vexan a vida como a vía El, para que mirémo-las persoas como El as miraba. Por iso quería que os seus discípulos fosen capaces de transcende-las aparencias como se nos amosa no relato evanxélico da pobre viúva. E ve-la vida en toda a súa beleza e o pecado en toda a súa crueza para saber e comprender que nada, absolutamente nada, nin o poder económico, nin poder político, nin o poder relixioso está por riba das persoas e tampouco por riba deste mundo que Deus creou con tanto amor.

Vixiar, o repetiu Xesús unha e outra vez, é estar espertos, que non se apague o lume, atentos a que as institucións non se traguen as persoas. E para iso, os cristiáns necesitamos redescubrir o Evanxeo, beber do manancial fresco e puro que deita tanta verdade, vida e amor en abundancia. Tornar a poñe-los ollos en Xesús de Nazaré, sintonizar ca súa vida, arraigar a nosa fe na súa persoa. Isto nos leva a revivi-la súa experiencia de Deus como Xesús a sentía e vivía. É algo que ocorre no noso interior, porque o esencial do Evanxeo non se aprende desde fora, o descubre cada un dentro de si. E o que temos que descubrir, non temos que cansarnos de repetilo, é ver como Xesús sentía a Deus e as persoas, porque si hai algo que se resalta no Evanxeo, o que lle preocupaba a Xesús de Nazaré non era o pecado, a moral ou a lei, senón o sufrimento das persoas, as que eran vítimas do pecado e do egoísmo dos grandes. Xesús non so amaba os desgraciados, senón que nada amaba mais por riba deles.

¡Vixiar! Esta invitación constante de Xesús, non nos ten que facer sentirnos perdidos e desacougados por todo o que vemos no mundo. Vixiar é recoñece-los sinais de esperanza no noso mundo e no noso entorno. Ver, alegrarse e dar gracias porque está medrando na conciencia de moitas persoas un sentimento de indignación que preocupa os políticos e os empresarios e iso é moi positivo. Porque son moitos os homes e as mulleres de tódalas idades que non se resignan a perde-los seus dereitos. Por iso a Igrexa ten que ser evanxélica e dunha gran calidade humana, porque si non é así non pode falar de espiritualidade, onde non haxa calidade humana a espiritualidade é un espellismo, é falsa. Unha Igrexa vixiante porque sómente dun corazón vixiante pode brota-la humanidade do seu Señor.

Que María e o seu home san Xosé, os pais do noso Señor Xesús Cristo, que vivían a esperanza de Israel e que levaban  e agardaban nas súas entrañas a salvación de Deus, nos axuden a vivir este santo tempo con alegría, e en comuñón con tódolos que traballan sen se cansar por unha humanidade onde a xustiza sexa a raíña, e agardan con ilusión os pes do Mensaxeiro que trae a Boa Nova da Paz.

4 comentarios en “Vixiar para dar razón da nosa esperanza

  1. pedro garciarias dijo:

    GRACIAS POR EL COMENTARIO, QUIZÁS P. MIRONES NOS REGALE ALGUNA DE SUS PINTURAS EN ESTOS COMENTARIOS SOBRE EL ADVIENTO, ¡QUE SE ROMPAN LOS CIELOS SOBRE KIEV Y GAZA Y LLUEVA LA PAZ Y NO LAS BOMBAS!, abrazo fraterno.

  2. Beatriz dijo:

    Gracias por esta reflexión llena de esperanza y ánimo , para seguir adelante .
    Vigilar con la CERTEZA de que Dios es fiel – Cor. 1,9. – y cumplirá su promesa.

  3. Luis Martinez Sanchez dijo:

    “” …Os daré un corazón nuevo, infundiré en vosotros un espíritu nuevo, quitaré de vuestra carne el corazón de piedra y os daré un corazón de carne… “” ( Ezequiel 36, 26 ).Nada más cercano que desear esta Promesa De Dios en esta época…en estos momentos que nos toca vivir. Un { corazón de carne } se necesita en cada uno de nosotros para no alejarnos de las realidades. No podemos cerrar por más tiempo los ojos, ni exteriores ni interiores, y dejarnos llevar por una pasividad conducente al desastre humano. Nuestra vida corre peligro si no atendemos a nuestro interior…si no somos capaces de sembrar la honestidad, la sencillez, la cercanía, la humildad… No nos engañemos más… los dramas que sufre la Humanidad son el fiel reflejo de las circunstancias que planteamos nosotros en nuestro quehacer diario. La desidia, la iniquidad , la poca flexibilidad, la intolerancia…son correas de transmisión con unas cadenas que atenazan a los más débiles. Y ninguno estamos libres de faltas. Solo la Misericordia del Señor, con Su Infinito Amor, nos puede levantar de donde estamos. No olvidemos que Él tiene muy presente la masa de la que estamos hechos…puro barro. Jesús llega, nunca se va… siempre a nuestro lado… con Su Complicidad luchemos por ese Verdadero Reino aquí en la Tierra, donde todos somos hermanos. Qué jamás vivamos en la noche por falta de Justicia y Paz.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.