A gran revelación da Epifanía é que Deus é o único salvador da humanidade. El creounos e nos rescatou comunicándonos a súa mesma vida divina no seu Fillo encarnado, luz que ilumina a todo o mundo.
A gran promesa do profeta Isaías:<<Érguete, brilla, que a túa luz xa chegou; si, a gloria do Señor resplandece sobre ti>>. Esta promesa xa está cumprida e hoxe celebramos a súa manifestación a tódolos pobos. Todos somos chamados a gozar do esplendor da salvación de Cristo.
A mensaxe central na que todo converxe é Xesús, o único Salvador. Os agasallos dos Magos foron simbolizados polos Padres como a realeza, a divindade e a paixón. E a docilidade dos xentís no recoñecemento da salvación se contrapón a actitude de Xerusalén que se turba, se inquieta ante ese descoñecido rei buscado por estranxeiros. A nos esíxenos dar unha resposta a humanidade que peregrina fatigosamente na procura da luz, esperanza e salvación para a súa vida. Non abonda con que os cristiáns contemplemos e celebrémo-lo misterio litúrxicamente senón que, a adoración ten que ir acompañada da encarnación do misterio nas nosas vidas para que sexa luz para tódolos que anda a procura de dar sentido a súa vida, un sentido que os encha de ilusión. Hai moita xente que esta cansada de vivir na decadencia dun estilo de vida que os abruma por dentro e senten a necesidade de abrirse a algo novo, o que supón poñerse en situación de emprender unha longa viaxe polo interior de un mesmo e o mesmo tempo ollar para comprende-los sinais que se lle amosan para comezar unha nova vida que os abra a esperanza.
Non todo e desesperanza no noso mundo de todo o terrible que nel acontece. Nós temos recibido un facho que brilla con luz propia, a luz de Cristo. Nós somos agora a súa Epifanía, o seu sal, a súa luz, a súa levadura, o gran de trigo sementado na terra. Nós sómo-lo rostro de Cristo, o seu icono. E somos todo isto nunha humanidade se denta de salvación, na que coma en tódalas épocas da historia, líbrase unha batalla a morte entre a luz e as tebras, e o poder das tebras non é aparente, é pegañoso e moi agresivo. Xa no lo advertira Xesús: <<Os fillos deste mundo son mais asisados cos fillos da luz>>.
¿Que armas podemos emplear os cristiáns ante as impresionantes teofanías que os fillos deste mundo envían para nos deslumbrar e escravizar? ¿Que mensaxe lles podemos dar a tódolos que se senten atraídos por esas luces de neon que lles amosan mundos de grandes e ficticias posibilidades que levan dentro de si todo tipo de escravitudes? Nosa única arma é a vida motivada pola fe, a esperanza e o amor, afirmando que o home non se pode salvar definitivamente crendo e acollendo os agasallos dos magos deste mundo cheos de falsas ilusións, que nunca dan nada, so quitan. Os cristián témonos que facer ouro, incenso e mirra para os irmáns e irmás embaucados e escravizados por eses usurpadores da salvación. E todo isto supón o risco da vida, porque as forzas do mal non ceden o terreo facilmente. Ser testemuñas de esperanza, ser testemuñas de Cristo, supón turbar o poder do mal, desterra-las tebras, abalar o seus intereses, e iso ten un prezo: a vida. Unha vida que se pode consumir na cadea, ser esgazada na tortura, recibi-la morte. Pero isto é Epifanía de Deus no mundo. Así o dicía san Cibrán ós confesores da fe: <<¡Ditosa prisión que ca vosa presencia encheuse de luz! ¡Ditosa prisión que envía ó ceo ós homes de Deus ¡Tebras mais brillantes co mesmo sol, mais resplandecentes cas chamas do mundo, prisión onde son colocado-los templos de Deus, onde os vosos membros foron consagrados pola confesión do seu nome!>>
Para sementar esperanza e paz no corazón das xentes hai que desandar moitos camiños e no cristianismo e nas distintas relixións necesitamos unha boa dose de humildade para recoñecer moitos esforzos non comprendidos, moitas bágoas non enxugadas, moitas mortes non recoñecidas. Os cristiáns temos que preguntarnos porque tantos homes e mulleres, tanta xuventude vive de costas a fe da Igrexa, e por que emprenderon outro camiño. Hai outras estrelas que pretenden alumear o peregrinaxe e a marcha dos homes e eles acoden porque cren que lles van a proporcionar mais seguridade e felicidade sen pensar nas escravitudes que estas seguridades esconden. Temos que ensinar que a fe cristiá é, antes que nada, descubrimento da bondade de Deus, experiencia agradecida de que só el ten poder de liberar e salvar. Que Deus está no fondo da nosa vida, nos ollos e no sorriso dun meniño, en tantos xestos de amor e solidariedade que se dan acotío no mundo, xestos humildes pero cheos de luz. Temos que crer no poder da Palabra e na forza do Espírito. Temos que deixar de ser inútiles lampadiñas intentando alumear a escuridade porque o Sol que ven do alto xa brilla e cando o Sol brilla sobran as lámpadas, así o dicía san Basilio e non rematamos de aprende-la lección. Cristo é a luz esplendorosa do Pai e non hai outra luz e nós sómo-lo reflexo de esa luz. Non somos tubos de neon que cansan e fatigan, non somos epifanía de deuses que non poden salvar. Nós somos reveladores do misterio de Deus do que tan orgulloso se sentía san Paulo.
Na aparente inxenuidade do relato da adoración dos Magos, dos eternos buscadores de Deus, se nos plantexan preguntas que son decisivas nas nosas vidas: ¿Ante quen nos axeonllamos? ¿Como se chama o “deus” que adoramos no fondo do noso ser? O exemplo destes tres personaxes que andan a procura dun neno descoñecido tennos que facer entrar dentro de nós e preguntarnos onde está o neno que todos temos que levar dentro de nós e que ten capacidade de marabillarse da vida. Se coma Herodes matámo-lo neno a nosa vida pode ser un inferno porque con el morre toda esperanza. Os Magos eran sabios, pero eran humildes buscadores da verdade e a Verdade é Cristo, o que nos fai libres, e que nos deixou dito: <<Se non cambiades e vos facedes coma nenos, non entraredes no Reino dos Ceos>>.
Gracias
¡Cuánta verdad en el texto de hoy!, la adoración descrita que abre a la esperanza de los que buscamos VIDA, es la que vosotros realizáis, mil gracias a Cristo que os ha levantado para ser luz de muchos caminos, bienaventurados,afortunados centinelas que nos anuncian día y noche la esperanza. Abrazo fraterno desde Granada.
Dios los bendiga y los cuide, por éste comentario y reflexión al Evangelio de hoy…🙏🙏
Gracias !Totalmente de acuerdo.
Hoy es un dia entrañable. A muchos nos recuerda nuestra infancia ( la inocencia )y a esas personas que han sido «rostro de Cristo » para nosotros, dejándonos una impronta de su ser, como una Luz. Por ej. un rostro nos puede hacer revivir el don de la alegría , otro la mansedumbre , otro el servicio, otro el Amor apasionado a Jesucristo, otro la aceptación, otro la amistad……… y así .Gracias.
“”… Al ver la estrella, se llenaron de inmensa alegría. Entraron en la casa, vieron al niño con María, su madre, y cayendo de rodillas lo adoraron; después, abriendo sus cofres, le ofrecieron regalos: oro, incienso y Mirra. … Y habiendo recibido en sueños un oráculo, para que no volvieran a Herodes, se marcharon a su tierra por otro camino… “” ( Mateo 2, 1-12 ). … arrodillarse ante el Creador… Volver a ser niños que comparten sus bienes con Otro Niño. Así son los Reyes, los gentiles, que abren sus cofres, que abren y dan todo lo existente en sus corazones…sin más. Porque el Rey de reyes nace una y otra vez en este mundo donde las veredas son torcidas, son interesadas para provecho de unos cuantos que crean personajes que de mano deslumbran y hacen que cualquiera los idolatre. Jesús viene, está con nosotros… Jesús es ^^ Dios salva ^^ . Es el Dios que es el Camino, la Verdad y la Vida. Los Reyes Magos , tras su encuentro con Él, no quedan indiferentes… Tras el “ sueño…oráculo “ ya no siguen más Camino que el de Jesús. El Camino donde con humildad se llega a la infinitud del Amor. Donde, siguiendo Esta Santa Senda, se aprende a compartir la Luz del Señor con los demás. Siempre es lo mismo…no olvidarnos de las necesidades del otro…en estos tiempos donde parece que la palabra Solidaridad se olvida y pierde el sentido. María…María nos ayuda. Nos incita a ser hermanos de Jesús . A ser antes que nada caritativos. Se puede… se puede vivir ahuyentando a la maldad, luchando contra la materialidad de este mundo. Contra la esclavitud blandir la Libertad Humana y continuar defendiendo que la dignidad de la Persona es lo que importa.